Angel Grande
Inauguración oficial Casa do Baño
A antiga escola unitaria de O Baño abre hoxe as súas portas convertida nunha pensión de 3 estrelas.
Bande, 20 de xullo de 2026
Hoxe, 20 de xullo de 2026, ás 11:00 horas, celebrouse no Baño (Bande) unha xornada de portas abertas para os veciños e veciñas de Vilela, O Baño, As Maus e Lobosandaus con motivo da inauguración da rehabilitación integral da antiga escola unitaria da parroquia, que pasa a converterse nun novo establecemento de aloxamento turístico: unha pensión de 3 estrelas.
O edificio, que durante décadas acolleu a escola do lugar e formou parte da memoria educativa e social da comunidade, foi obxecto dun proceso de restauración que combina a conservación dos elementos orixinais da construción coa incorporación de todas as comodidades propias dun establecemento hoteleiro de categoría superior.
Coa apertura desta nova pensión, Bande suma un recurso máis á súa oferta turística, poñendo en valor o patrimonio arquitectónico local e contribuíndo á dinamización económica e social da zona.
A xornada de portas abertas estivo dirixida aos veciños e veciñas da zona, aos que se lles convidou a coñecer de primeira man as instalacións, os detalles do proceso de restauración e o proxecto que dá nova vida a este edificio histórico, tan ligado á memoria colectiva do pobo.
Así mesmo, queremos convidar aos medios de comunicación á inauguración oficial do establecemento, que terá lugar o mércores, 22 de xullo de 2026, ás 12:00 horas, na antiga escola unitaria de O Baño, OU-540 km.47. O acto contará coa presenza de representantes institucionais e de veciñas/os que queiran coñecer o proxecto.
Detalles da inauguración oficial:
Data: Mércores, 22 de xullo de 2026
Hora: 12:00 horas
Lugar: Casa do Baño (OU-540 km.47)
Convídase aos medios de comunicación a asistir á inauguración oficial e a dar difusión a esta iniciativa, que supón a recuperación dun edificio emblemático e un novo impulso para a oferta turística e o desenvolvemento do municipio de Bande.

Presentación do programa de verán ‘Quero Bande 2026’
Presentación do programa de verán «Quero Bande 2026», que inclúe unha ampla programación de actividades culturais, deportivas e de lecer para os meses de xullo e agosto.


Inauguración da exposición «Os Camiños de Elías Valiña. O Inventor das Frechas Amarelas»
A mostra permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 19 de xullo e constitúe unha homenaxe á figura de Elías Valiña Sampedro, impulsor da sinalización dos Camiños de Santiago mediante as recoñecidas frechas amarelas.


