Hoxe tivo lugar, na praza da Constitución de Bande, a presentación do programa de Entroido do Concello de Bande. No acto, a alcaldesa estivo acompañada do tenente alcalde, Oscar Cofán, a concelleira, Isaura de la Torre, e as máscaras de Entroido singulares do concello: Troteir@s e Farrapeir@s.
Angel Grande
Convocatoria medios de comunicación presentación programa de Entroido – Concello Bande
O Concello de Bande invita aos medios de comunicación á cobertura de presentación do programa de Entroido, que se levará a cabo mañá venres, día 7 de febreiro, ás 13h. na casa do concello (rúa San Roque, nº2-2ª planta).
Detalles do evento:
- Presentación programa de Entroido do Concello de Bande
- 7 de febreiro ás 13h.
- Casa do concello (2ª planta).
Para máis información, por favor, contacte a:
Noli Vázquez
988443001
concello@concellobande.com
O Concello de Bande agradece o interese dos medios e espera contar coa súa presenza para dar cobertura a este importante evento.
Programa de Nadal en Bande 2024


A praza de San Roque acolleu o acto de presentación de ‘Nadal en Bande’, a programación que se desenvolverá na localidade ao longo das próximas semanas e contará con todo tipo de actividades para toda a familia. Na cita estivo presente a alcaldesa, Sandra Quintas Vázquez e os concelleiros Miguel Martínez Dobaño e Isaura de la Torre Martínez.
As actividades comezarán mañá, 4 de decembro, co encendido do alumeado de Nadal e a decoración feita polos/as veciños/as nos últimos meses que traballaron arreo para engalonar os lugares máis emblemáticos da vila: concello, prazas da Constitución e San Roque.
Bande celebra o Nadal cunha extensa programación cultural e de entretemento deseñada para todo tipo de públicos: fútbol en Balaidos, videoconferencia con Papa Noel, cantos de Nadal, exposición de postais, contacontos, festa infantil con inchables e obradoiros, xincana e olimpiadas, Mercado, etc.
Para os máis cativos e durante as súas vacacións de Nadal, un servizo de ludoteca gratuíto na biblioteca de 10h. a 14h., ademais dun amplo programa no que se inclúe a ineludible cita con Pazolandia e, para pechar estas datas festivas, a visita dos Reis Magos o día 5 de xaneiro ao Mercado do Xurés pola mañá e pola tarde, cabalgata polas rúas de Bande.
O día 21 de decembro terá lugar o primeiro encontro de «Cantos de Nadal» no que participará a Escola de Danza Castro Floxo, da Deputación de Ourense, e o Rancho Folclórico Flor de Sabugueiro, de Dalvares – Tarouca, do distrito de Viseu en Portugal. Encontro con que se pretende mostrar unha das manifestacións do patrimonio inmaterial relacionada co o solsticio de inverno-tempo de Nadal, como se coñecen tanto en Galicia como en Portugal como cancións de Nadal, cancións de aldea, cancións de ano novo, manueles, panxoliñas, aguinaldos, cantos de reis ou janeiras.
Como novidade, o 3 e 4 de xaneiro terá lugar unha «ruta de pinchos» na que se ofrecerán distintas elaboracións nos bares de Bande previamente adheridos a este evento.
Durante todo o mes de decembro levarase a cabo unha campaña solidaria de recollida de alimentos na biblioteca e o 28 de decembro celebrarase un «torneo solidario alevín».
Puntualmente actualizaremos información sobre estas actividades nas redes sociais do Concello de Bande.
Comunicado sobre a rodaxe da película «Onte á noite conquistei Tebas» na zona termal e afectación ao seu funcionamento
Debido á rodaxe do filme “Onte á noite conquistei Tebas” que terá lugar nas termas de Bande, estas permanecerán pechadas ao público nas seguintes xornadas:
- PROBAS DE CÁMARA dende as 09 am. do 12 de setembro ata ás 09 am do 13 de setembro
- PREPARACIÓN RODAXE – Do 23 ao 28 de setembro
- RODAXE -Do 29 de setembro ao 27 de outubro deixando como días de libre acceso: 4,5,11,12,18,19,20
*As datas libres están suxeitas a posibles modificacións por inclemencias do tempo.
Así mesmo, comunicamos que non se poderá levar a cabo a limpeza e desbroce da zona termal ata o remate da rodaxe, prevista para o 27 de outubro
Presentación Andaina Concello Bande
O mércores 31 de xullo ás 12h. terá lugar a presentación da «XVI Andaina do Concello de Bande» no miradoiro de Xordos (Bande) á que, ademais da alcaldesa, acudirá o director da área de deportes da Deputación de Ourense. A andaina terá lugar este domingo, 4 de agosto, con saída ás 9h. da praza da Constitución. Existen 2 modalidades: andaina curta (14km.) e andaina longa (20km.). O prazo de inscrición, que remataba mañá, ampliouse ata o 31 de xullo.
Datos do miradoiro para chegar:https://maps.app.goo.gl/DavUgHCXPrpLfjEB9