Ayuntamiento de Bande

Encontros de Teatro en Bande do 13 ao 15 de maio

Once centros educativos representarán as súas obras teatrais en Bande.

Un total de 11 centros escolares e grupos amateurs das provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense confirmaron a súa participación nos XXIX Encontros de Teatro Escolar e Amateur no salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo, en Bande. O programa axustouse do día 13 ao 15 de maio ao ser o 16 non lectivo en algúns centros.

Este evento, que conmemora o 17 de maio como Día das Letras Galegas, só admite obras escritas integramente en galego recibindo tódolos centros participantes un premio en metálico e diploma de participación.

A inauguración destes encontros terá lugar o luns, 13 de maio, ás 10:00h. Subirase o telón coa representación da primeira obra “A aula de Tócame Roque” por parte do alumnado do CEIP Xoaquín Lourenzo. A clausura destes Encontros correrá a cargo do IES Aquis Querquennis coa obra “A tía lambida”. A programación vai contar con variedade de xéneros e de temáticas teatrais coa adaptación de varios clásicos.

 

 

Programa Encontros Teatro 2024

es_ES