Ayuntamiento de Bande

Presentación Andaina Concello Bande

O mércores 31 de xullo ás 12h. terá lugar a presentación da «XVI Andaina do Concello de Bande» no miradoiro de Xordos (Bande) á que, ademais da alcaldesa, acudirá o director da área de deportes da Deputación de Ourense. A andaina terá lugar este domingo, 4 de agosto, con saída ás 9h. da praza da Constitución. Existen 2 modalidades: andaina curta (14km.) e andaina longa (20km.). O prazo de inscrición, que remataba mañá, ampliouse ata o 31 de xullo.

Datos do miradoiro para chegar:https://maps.app.goo.gl/DavUgHCXPrpLfjEB9

Licitación albergue municipal e campus de fútbol

Bande, 16 de xullo de 2024. O 22 de xullo remata o prazo para a presentación de ofertas para a xestión do albergue municipal de Bande.

O Concello de Bande mantén aberta, o ata o 22 de xullo, a contratación para o arrendamento do albergue turístico municipal, ao terse declarada deserta a licitación convocada en maio de 2024.

O prezo base de licitación é de 1.200€/anuais. As proposicións dos/as interesados/as deberán axustarse aos pregos e documentación que rexen a licitación. Valoraranse os servizos que se ofertarán como a ampliación do período mínimo de apertura establecido, servizo comedor, menús adaptados, alugamento bicicletas ou o programa de actividades complementarias.

O albergue está localizado na capitalidade municipal. Conta cun total de 68 prazas distribuídas en catro habitacións con liteiras e nove cuartos dobres con baño propio. O albergue consta dunha recepción, consigna, lavandería e cociña. O recinto conta cunha ampla zona de aparcadoiro nas inmediacións. O albergue é unha das mellores opcións de aloxamento, pola variedade de cuartos e equipamento, para as persoas que se acercan a descubrir os encantos do parque natural Baixa Limia – Serra do Xurés, así mesmo para os/as peregrinos/as que percorren o Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa. A escasa distancia do albergue localízanse algúns dos principais focos de atracción turística da comarca: o xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis, coas súas augas termais, ou a igrexa de Santa Comba.

Licitación albergue municipal de Bande

MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024, NO CONCELLO DE BANDE

Situación: Buxan

Mellora do Camiño I, cunha lonxitude de 79,00 m, un ancho variable e unha superficie de 294,49 m2. Se levou a cabo a mellora do firme. Comezouse ca demolición do pavimento existente. Continuando ca preparación do camiño a formigonar e estendendo o pavimento de formigón cepillado de cor gris de 15 cm e mallazo de 15×15 cm e diámetro de 5 mm con tres fiadas de pavimento de lastro de granito nos bordos do camiño.

Mellora do Camiño II cunha lonxitude de 16,50 m, un ancho variable e unha superficie de 63,67 m2. Levouse a cabo a mellora do firme. Comezouse ca demolición do pavimento existente. Continuando ca preparación do camiño a formigonar e estendendo o pavimento de formigón cepillado de cor gris de 15 cm e mallazo de 15×15 cm e diámetro de 5 mm con tres fiadas de pavimento de lastro de granito nos bordos do camiño.

Mellora do Camiño III, cunha lonxitude de 112,00 m, un ancho variable e unha superficie de 350,01 m2. Levouse a cabo a mellora do firme. Comezando ca demolición do pavimento existente. Continuando ca preparación do camiño a formigonar e estendendo o pavimento formigón cepillado de cor gris de 15 cm e mallazo de 15×15 cm e diámetro de 5 mm con tres fiadas de pavimento de lastro de granito nos bordos do camiño.

Ditas actuacións están financiadas pola Unión Europea.

Mellora de camiños rurais. Documento PDF

Programa de actividades para o verán do Concello de Bande

Esta mañá, a alcaldesa, Dna. Sandra Quintas Vázquez, acompañada do tenente alcalde, D. Óscar Cofán Sabas, deron a coñecer o externso e variado programa de actividades «Quero Bande. Cultura e Deporte 2024», deseñado para ofrecer opcións de lecer para todos os públicos.

Un amplo programa cultural e deportivo no que se consolidan actividades como a XVI andaina ou as xornadas internacionais de folclore e se dá cabida a novos proxectos como o campus de fútbol ou a II festa gastronómica, que o ano pasado reuniu a preto de 500 veciñ@s.

As visitas teatralizadas ao complexo arqueolóxico de Aquis Querquennis, igrexa visigótica de Santa Comba e ao casco histórico de Bande permitirán aos visitantes coñecer a historia dunha maneira máis amena.

Bande presenta unha programación que invita a tod@s, residentes e visitantes, a participar e disfrutar da súa oferta cultural e deportiva.

Recreación de época romana no complexo arqueolóxico de Aquis Querquennis

O xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis acollerá esta fin de semana unha recreación de época romana.
Recreadores de Galicia, Legio IIII Macedónica e Antiqvi Moresserán as asociacións encargadas de transportarnos ao período romano da man duns 45 participantes. Dende mañá será posible atopar estes peculiares moradores no recinto e exterior do xacemento.
As actividades comezan o sábado pola mañá cunha visita/vida no campamento, sábado tarde realizarase a instrución e o domingo pola mañá vida no campamento e instrución. A maiores poderás
intercambiar, ampliar información e participar nas diferentes actividades previstas, módulos de xogos etc.
Para máis información, por favor, contactar con Oscar: 690 614 771

Recreación histórica de época romana en Aquis Querquennis

es_ES