PROTECCION CIVIL E VIXIANTE MUNICIPAL

Protección Civil

Dende a súa creación, un número importante de voluntarios colaboraron en diferentes momentos en actividades que se desenvolveron no concello ou cando a súa presencia é requirida.

Áreas de actuación:

Área de Cultura: Colaboración en diferentes actividades culturais que ofrece o concello durante o ano.
Área de Servizos Sociais: Colaboración en programas que se levan a cabo neste departamento dende o concello. (Prevención de accidentes domésticos, distribución de alimentos ...).
Área de Deportes: Colaboración no traballo de organización e prevención en actividades deportivas (carreiras populares, camiñantes, maratóns, etc.), organizadas polo concello.
Área de Educación: colaboración co grupo de voluntarios nas actividades de educación en seguridade viaria organizadas polo concello.
Área de Emerxencia: Colaboración co servizo de emerxencias 112 e intervención en situacións de emerxencia (accidentes de tráfico, desaparición de persoas ...). 

¿Queres colaborar? Todas as persoas maiores de idade que estean interesadas en formar parte da Agrupación de Voluntarios para Protección Civil de Bande, poden dirixirse ás oficinas do concello onde recibirán toda a información que precisen.

gl_ES