Este centro de interpretación ofrece ao visitante un interesante percorrido polas historias paralelas da Vía Nova e do campamento romano de Aquis Querquennis en dúas plantas expositivas. A planta superior do devandito módulo alberga a exposición permanente que trata de narrar os avatares do pobo galaico-romano dos Quarquernos, quen habitaría as terras da contorna comprendidas entre o Vieiro e o val do Salas, de norte a sur, e A Limia e serras de Santa Eufemia e Xurés, de leste a oeste.
A planta baixa dividida agora en catro grandes ámbitos diferentes: vestíbulo, onde se expoñen aspectos diversos relacionados coas vías romanas, en xeral, e de Hispania, en particular; modos de viaxar na antigüidade (á dereita de planta baixa); técnicas empregadas na construción das vías romanas (fronte oeste da mesma planta) e decurso topográfico e iconográfico da Vía Nova.
Tamén na planta baixa, atopamos A Porta do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés creada co obxectivo de proporcionar a recepción, información e orientación dos visitantes ao parque. As Portas do parque foron concibidas para ser os centros de información e guía dos visitantes na oferta de actividades e programas de visita específicos e tamén na educación e sensibilización ambiental do público en xeral. A súa función principal é a de recibir aos visitantes para que estes poidan obter a información adecuada antes de iniciar a visita ao parque.
988 040 127 / 615 582 991
*Visita ao centro de interpretación con reserva previa.
www.querquennis.com
Un curioso e pequeno museo que ocupa os espazos dunha antiga vivenda de campo rehabilitada onde se expón unha sorprendente colección de iconas bizantinos e de pinturas clásicas sobre táboas e cerámicas.
606 060 836
*Visita con reserva previa.