1.Apoio e asesoramento personalizado ás persoas desempregadas para facilitar o seu acceso ao mercado laboral, mediante o diagnóstico individualizado e o desenvolvemento do perfil profesional dos desempregados.
2. Deseño de itinerarios personalizados para o emprego. Apoio personalizado no desenvolvemento do itinerario e seguimento posterior.
3. Asesoramento e axuda técnica adicional para:
4. Apoio e asesoramento personalizado ás persoas traballadoras para o mantemento ou mellora do emprego.
5. Información, apoio e seguimento dos menores de trinta anos dentro do Programa de Garantía Xuvenil.
6. Prospección e difusión de ofertas de emprego. Accións de intermediación laboral.
7. Prospección e difusión de ofertas formativas. Información e asesoramento sobre a oferta de accións de formación profesional para o emprego. Información e apoio no procedemento de obtención de competencias clave. Información e orientación sobre o proceso de recoñecemento das competencias adquiridas mediante a experiencia laboral e a obtención dos correspondentes certificados de profesionalidade.
8. Apoio, asesoramento, seguimento e motivación de proxectos de autoemprego e creación de empresas. Información sobre axudas, subvencións e os seus procedementos.
9. Alfabetización dixital para o desenvolvemento persoal e a mellora da empregabilidade. Formación básica para a busca de emprego a través de internet. Información, asesoramento e apoio nos trámites telemáticos co Servizo Público de Emprego de Galicia e co Servizo Público de Emprego Estatal.
10. Colaboración cos procesos selectivos que realice o Concello, participando como asesor técnico dos tribunais en materias da competencia do servizo de Orientación Laboral.