Ayuntamiento de Bande

Apertura do centro de interpretación Aquae Querquennae en Semana Santa

Bande, 18 de marzo de 2024.- O centro de interpretación Aquae Querquennae Vía Nova reabrirá as súas portas en semana santa.
Do 23 ao 31 de marzo o centro de interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova reabrirá as súas portas en horario de 11h. a 14h. e de 16h. a 19h.
Este centro ofrece ao visitante un interesante percorrido polas historias paralelas da Vía Nova e do campamento romano de Aquis Querquennis en dúas plantas expositivas. A planta superior do devandito módulo alberga a exposición permanente que trata de narrar os avatares do pobo galaico-romano dos Quarquernos.
Na planta baixa expóñense aspectos diversos relacionados coas vías  romanas, modos de viaxar, técnicas empregadas na construción das vías romanas e decurso topográfico e iconográfico da Vía Nova.
Tamén na planta baixa atopamos A Porta do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés creada co obxectivo de proporcionar a recepción, información e orientación dos visitantes ao parque.
Este xacemento, parcialmente inundado a día de hoxe, ten un indubidable valor histórico e arqueolóxico e, dentro dos existentes en toda a Península Ibérica, é o máis extensamente escavado, investigado, monumentalizado e posto en valor entre os do seu xénero, ademais de ser un dos únicos campamentos militares romanos permanentes coñecidos en Galicia, xunto co de Cidadela (Sobrado dos Monxes).
Teléfono de contacto: 988 040 127 / 615 582 991
info@querquennis.com
gl_ES