Baixo o lema «o verán que sempre vas lembrar» a Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia oferta as seguintes accións en Bande como recurso de conciliación da vida familiar e laboral participando en actividades de ocio para a infancia e xuventude:
– Campamento de verán «Explorando rural» no albergue municipal do 18 ao 25 de xullo. De 9 a 12 anos. Actividades na natureza, xogos e dinámicas medioambientais. O prazo de inscrición abre do 18 de abril ao 2 de maio.
–Campo de voluntariado «Saberes de onte e de sempre» no albergue municipal do 17 ao 28 de agosto. De 18 a 30 anos. Actividades de etnografía e culturais. O prazo de inscrición abre o 18 de abril ata o 14 de agosto.