• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Perfil do contratante Adxudicación de contrato mixto de subministración e obras "Instalación de caldeira de biomasa no polideportivo municipal de Bande"
 
Adxudicación de contrato mixto de subministración e obras "Instalación de caldeira de biomasa no polideportivo municipal de Bande" PDF Imprimir Correo-e

ANUNCIO NO PERFIL DO CONTRATANTE

ADXUDICACIÓN DE CONTRATO MIXTO DE SUBMINISTRACIÓN E OBRAS

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 19 de outubro de 2016 adxudicouse o contrato mixto de subministración e obras de “Instalación de caldeira de biomasa no polideportivo municipal de Bande”, de conformidade co establecido no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, publícase a adxudicación no perfil de contratante.

1) Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bande.

b) Número de expediente: 12/2016.

2) Obxecto de contrato.

a) Tipo de contrato: mixto subministración e obras.

b) Descrición: “Instalación de caldeira de biomasa no polideportivo municipal de Bande”.

3) Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: Urxente.

b) Procedemento: Procedemento negociado sen publicidade.

4) Prezo do contrato.

a) Prezo: 28.860,29€ (18.892,80€ e 3.967,49€ de I.V.E.).

5) Adxudicación.

a) Data: 19-10-2016.

b) Contratista: Ferretería y Servicios Bande S.L.

c) Nacionalidade: Española.

b) Importe de adxudicación: 22.840,13€(18.876,14€ e 3.963,99€ de I.V.E.).

d) Prazo de formalización do contrato: 8 días hábiles contados desde o seguinte ó da recepción da notificación de adxudicación.

Bande, 20 de outubro de 2016.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez.