Ayuntamiento de Bande

Presentación da XVII andaina 2025

Presentación da XVII Andaina 2025, unha cita xa clásica para
o sendeirismo galego.

Bande, 29 de xullo de 2025 – Esta mañá tivo lugar a presentación
oficial da XVII Andaina de Bande, un dos eventos deportivos e
sociais máis esperados do verán na comarca, que se celebrará o
vindeiro domingo 3 de agosto con saída desde a Praza da
Constitución de Bande.

O acto contou coa participación da alcaldesa, Sandra Quintas
Vázquez, quen destacou “a consolidación desta actividade como unha
cita imprescindible para veciños, visitantes e amantes da natureza”,
así como a do monitor deportivo do concello, Xurxo Vázquez Álvarez,
quen detallou os aspectos técnicos do percorrido.

A Andaina ofrecerá dúas modalidades adaptadas a diferentes niveis:
un percorrido longo de aproximadamente 20 km e outro curto
de 14 km, ambos con saída ás 09:00 horas e incluíndo
avituallamentos, aperitivos e agasallos para todos os
participantes.

O evento, cun límite máximo de 250 persoas inscritas, mantén o
prezo de inscrición en 12 euros ata o 30 de xullo. As inscricións
poden realizarse a través da app Saudeter Live ou de forma
presencial no pavillón de deportes de Bande, os martes e xoves
de 16:00 a 21:00 horas.

A XVII Andaina de Bande está organizada polo Concello de Bande en
colaboración con entidades locais, e busca fomentar o deporte ao aire
libre, a vida saudable e a posta en valor do patrimonio natural da
zona.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar no
teléfono 650 95 97 84

gl_ES