Ayuntamiento de Bande

Evento Aquis Revive

Dende o Concello de Bande remitímoslles en anexo a nota de prensa referente ao programa do evento “Aquis Revive”, que se celebrará o vindeiro 6 de setembro de 2025 no campamento romano de Aquis Querquennis.

Trátase dunha xornada de recreación histórica que incluirá espectáculos, mercado, animación, gastronomía e actividades para todos os públicos, co obxectivo de poñer en valor o noso patrimonio arqueolóxico e cultural.

Agradecemos de antemán a súa colaboración na difusión desta información e quedamos á súa disposición para calquera aclaración ou solicitude adicional.

gl_ES