Ayuntamiento de Bande

Encontros de teatro escolar e amateur

Achegamos información sobre os Encontros de Teatro Escolar e Amateur que terán lugar do 12 ao 16 de maio neste concello.

Onte, día 8 de maio de 2025, tivo lugar a presentación do cartel gañador do I Concurso de Carteis da Semana do Teatro. A obra seleccionada, realizada por Lucía Randino Rodríguez, destaca pola súa forza visual, uso expresivo da cor e simbolismo teatral, representado polas tradicionais máscaras da comedia e da traxedia.

O cartel será a imaxe oficial desta edición tan especial, que conmemora tres décadas de promoción das artes escénicas na nosa comunidade.

A elección foi realizada por un xurado composto por representantes do profesoradodo do CEIP Xoaquín Lourenzo, IES Aquis Querquernis e do Concello de Bande  que valoraron a creatividade, a mensaxe e a capacidade comunicativa do traballo.

gl_ES