Ayuntamiento de Bande

Programa de actividades para o verán do Concello de Bande

Esta mañá, a alcaldesa, Dna. Sandra Quintas Vázquez, acompañada do tenente alcalde, D. Óscar Cofán Sabas, deron a coñecer o externso e variado programa de actividades «Quero Bande. Cultura e Deporte 2024», deseñado para ofrecer opcións de lecer para todos os públicos.

Un amplo programa cultural e deportivo no que se consolidan actividades como a XVI andaina ou as xornadas internacionais de folclore e se dá cabida a novos proxectos como o campus de fútbol ou a II festa gastronómica, que o ano pasado reuniu a preto de 500 veciñ@s.

As visitas teatralizadas ao complexo arqueolóxico de Aquis Querquennis, igrexa visigótica de Santa Comba e ao casco histórico de Bande permitirán aos visitantes coñecer a historia dunha maneira máis amena.

Bande presenta unha programación que invita a tod@s, residentes e visitantes, a participar e disfrutar da súa oferta cultural e deportiva.

Recreación de época romana no complexo arqueolóxico de Aquis Querquennis

O xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis acollerá esta fin de semana unha recreación de época romana.
Recreadores de Galicia, Legio IIII Macedónica e Antiqvi Moresserán as asociacións encargadas de transportarnos ao período romano da man duns 45 participantes. Dende mañá será posible atopar estes peculiares moradores no recinto e exterior do xacemento.
As actividades comezan o sábado pola mañá cunha visita/vida no campamento, sábado tarde realizarase a instrución e o domingo pola mañá vida no campamento e instrución. A maiores poderás
intercambiar, ampliar información e participar nas diferentes actividades previstas, módulos de xogos etc.
Para máis información, por favor, contactar con Oscar: 690 614 771

Recreación histórica de época romana en Aquis Querquennis

Encontros de Teatro en Bande do 13 ao 15 de maio

Once centros educativos representarán as súas obras teatrais en Bande.

Un total de 11 centros escolares e grupos amateurs das provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense confirmaron a súa participación nos XXIX Encontros de Teatro Escolar e Amateur no salón de actos do CEIP Xoaquín Lourenzo, en Bande. O programa axustouse do día 13 ao 15 de maio ao ser o 16 non lectivo en algúns centros.

Este evento, que conmemora o 17 de maio como Día das Letras Galegas, só admite obras escritas integramente en galego recibindo tódolos centros participantes un premio en metálico e diploma de participación.

A inauguración destes encontros terá lugar o luns, 13 de maio, ás 10:00h. Subirase o telón coa representación da primeira obra “A aula de Tócame Roque” por parte do alumnado do CEIP Xoaquín Lourenzo. A clausura destes Encontros correrá a cargo do IES Aquis Querquennis coa obra “A tía lambida”. A programación vai contar con variedade de xéneros e de temáticas teatrais coa adaptación de varios clásicos.

 

 

Programa Encontros Teatro 2024

Apertura do centro de interpretación Aquae Querquennae en Semana Santa

Bande, 18 de marzo de 2024.- O centro de interpretación Aquae Querquennae Vía Nova reabrirá as súas portas en semana santa.
Do 23 ao 31 de marzo o centro de interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova reabrirá as súas portas en horario de 11h. a 14h. e de 16h. a 19h.
Este centro ofrece ao visitante un interesante percorrido polas historias paralelas da Vía Nova e do campamento romano de Aquis Querquennis en dúas plantas expositivas. A planta superior do devandito módulo alberga a exposición permanente que trata de narrar os avatares do pobo galaico-romano dos Quarquernos.
Na planta baixa expóñense aspectos diversos relacionados coas vías  romanas, modos de viaxar, técnicas empregadas na construción das vías romanas e decurso topográfico e iconográfico da Vía Nova.
Tamén na planta baixa atopamos A Porta do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés creada co obxectivo de proporcionar a recepción, información e orientación dos visitantes ao parque.
Este xacemento, parcialmente inundado a día de hoxe, ten un indubidable valor histórico e arqueolóxico e, dentro dos existentes en toda a Península Ibérica, é o máis extensamente escavado, investigado, monumentalizado e posto en valor entre os do seu xénero, ademais de ser un dos únicos campamentos militares romanos permanentes coñecidos en Galicia, xunto co de Cidadela (Sobrado dos Monxes).
Teléfono de contacto: 988 040 127 / 615 582 991
info@querquennis.com
gl_ES