Ayuntamiento de Bande

Programa de Nadal 2025 no Concello de Bande

O Concello de Bande vén de anunciar o seu Programa de Nadal 2025, unha ampla proposta de actividades culturais, deportivas e familiares que se desenvolverán entre finais de novembro e o 5 de xaneiro.

A programación inclúe espectáculos como a actuación do mago Tetio, teatro, contacontos e o concerto de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro; accións solidarias como a XII Campaña de Recollida de Alimentos; eventos tradicionais como o acendido da iluminación, mercados do Xurés, obradoiros infantís e a videoconferencia con Papá Noel; así como actividades deportivas, entre elas o Campionato de Pádel.

Os días 2 e 3 de xaneiro celebrarase a Ruta de Pinchos, e o 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata de Reis, con chocolatada e acompañamento musical, sempre condicionada á meteoroloxía.

Tamén haberá servizos especiais como a ludoteca gratuíta e actividades específicas para a mocidade, como Pazolandia e Kids Fest.

O Concello invita á veciñanza e visitantes a gozar dun Nadal cheo de cultura, convivencia e celebración.

gl_ES