Do 13 ao 15 de xuño terá lugar en Bande a festa do Peixe. Evento que tivo o seu merecido recoñecemento ao ser declarada Festa de Galicia de Interese Turístico.
Este luns, 2 de xuño, terá lugar a presentación oficial aos medios do programa da Festa do Peixe:
– Lugar: nova senda no río Badella (Bande). Localización: https://maps.app.goo.gl/NdPWareaEJ6quDFy9 (dende onde se deixa o coche, habería que camiñar 5 minutos por un sendeiro acondicionado. Achegamos plano).
– 12:50h. Recepción de representantes institucionais por parte da alcaldesa do Concello de Bande.
– 13:00h. Intervención de autoridades:
– Dna. Sandra Quintas Vázquez, alcaldesa do Concello de Bande.
– D. Manuel Pardo Cid, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense.
– Representante Deputación Provincial.
– D. Mateo Alonso San Román e D. Andrés López Ambrosio, en representación de Abanca.Pendente de confirmar a asistencia dalgún representante do Clube O Peixe.
O acto terá unha duración de 15 minutos.
Calquera consulta non dubiden en contactarnos no teléfono 988443001 en horario de luns a venres de 8h. a 14:30h.
