Ayuntamiento de Bande

Acto da presentación oficial aos medios do programa da Festa do Peixe 2025

Do 13 ao 15 de xuño terá lugar en Bande a festa do Peixe. Evento que tivo o seu merecido recoñecemento ao ser declarada Festa de Galicia de Interese Turístico.

Este luns, 2 de xuño, terá lugar a presentación oficial aos medios do programa da Festa do Peixe:

– Lugar: nova senda no río Badella (Bande). Localización: https://maps.app.goo.gl/NdPWareaEJ6quDFy9 (dende onde se deixa o coche, habería que camiñar 5 minutos por un sendeiro acondicionado. Achegamos plano).

– 12:50h. Recepción de representantes institucionais por parte da alcaldesa do Concello de Bande.

– 13:00h. Intervención de autoridades:
– Dna. Sandra Quintas Vázquez, alcaldesa do Concello de Bande.
– D. Manuel Pardo Cid, delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense.
– Representante Deputación Provincial.
– D. Mateo Alonso San Román e D. Andrés López Ambrosio, en representación de Abanca.

Pendente de confirmar a asistencia dalgún representante do Clube O Peixe.

O acto terá unha duración de 15 minutos.

Calquera consulta non dubiden en contactarnos no teléfono 988443001 en horario de luns a venres de 8h. a 14:30h.

Arrendamento Bar da Piscina Municipal

El Ayuntamiento de Bande tiene previsto alquilar el bar da piscina municipal durante la temporada de apertura de la piscina.

Los interesados en ser invitados para participar en la licitación pueden comunicar sus datos en las oficinas municipales o llamando al teléfono 988443001 en horario de lunes a viernes de 8:00 a 14:30 horas.

Encontros de teatro escolar e amateur

Achegamos información sobre os Encontros de Teatro Escolar e Amateur que terán lugar do 12 ao 16 de maio neste concello.

Onte, día 8 de maio de 2025, tivo lugar a presentación do cartel gañador do I Concurso de Carteis da Semana do Teatro. A obra seleccionada, realizada por Lucía Randino Rodríguez, destaca pola súa forza visual, uso expresivo da cor e simbolismo teatral, representado polas tradicionais máscaras da comedia e da traxedia.

O cartel será a imaxe oficial desta edición tan especial, que conmemora tres décadas de promoción das artes escénicas na nosa comunidade.

A elección foi realizada por un xurado composto por representantes do profesoradodo do CEIP Xoaquín Lourenzo, IES Aquis Querquernis e do Concello de Bande  que valoraron a creatividade, a mensaxe e a capacidade comunicativa do traballo.

gl_ES