Ayuntamiento de Bande

Licitación albergue municipal e campus de fútbol

Bande, 16 de xullo de 2024. O 22 de xullo remata o prazo para a presentación de ofertas para a xestión do albergue municipal de Bande.

O Concello de Bande mantén aberta, o ata o 22 de xullo, a contratación para o arrendamento do albergue turístico municipal, ao terse declarada deserta a licitación convocada en maio de 2024.

O prezo base de licitación é de 1.200€/anuais. As proposicións dos/as interesados/as deberán axustarse aos pregos e documentación que rexen a licitación. Valoraranse os servizos que se ofertarán como a ampliación do período mínimo de apertura establecido, servizo comedor, menús adaptados, alugamento bicicletas ou o programa de actividades complementarias.

O albergue está localizado na capitalidade municipal. Conta cun total de 68 prazas distribuídas en catro habitacións con liteiras e nove cuartos dobres con baño propio. O albergue consta dunha recepción, consigna, lavandería e cociña. O recinto conta cunha ampla zona de aparcadoiro nas inmediacións. O albergue é unha das mellores opcións de aloxamento, pola variedade de cuartos e equipamento, para as persoas que se acercan a descubrir os encantos do parque natural Baixa Limia – Serra do Xurés, así mesmo para os/as peregrinos/as que percorren o Camiño de San Rosendo e da Rainha Santa. A escasa distancia do albergue localízanse algúns dos principais focos de atracción turística da comarca: o xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis, coas súas augas termais, ou a igrexa de Santa Comba.

Licitación albergue municipal de Bande

gl_ES