noticia
Programa de verán Bande 2023
Bande, 13 de xullo de 2023.- O Concello de Bande ven de dar a coñecer o programa de actividades pechadas que van dende a semana do 17 de xullo ata comezos de setembro. Un extenso abano de posibilidades para veciños/as e visitantes de tódalas idades.
Segue en marcha o programa de ocio educativo “Mañás de verán en Bande”, ao cal durante o mes de agosto dará continuidade “Concilia Bande”, para rapaces/zas de 3 a 12 anos.
Do 17 ao 31 de xullo a aula Cemit recuperará a súa actividade con propostas de programación intelixente, iniciación á robótica e 3D ou ás redes sociais.
O complexo arquelóxico de Aquis Querquennis centrará algunha das ofertas culturais do verán: recreacións históricas, concerto, observación astronómica, cea romana e visita teatralizada que tamén se desenvolverá en Santa Comba e no núcleo de Bande en distintas datas. Sempre querendo dar a coñecer os nosos recursos culturais de forma diferenciadora e experiencial.
Dentro do noso programa sempre ten cabida o deporte: andaina e trail, campus de fútbol, ruta cabalar ou cursos de natación.
O 12 de agosto, coincidindo inusualmente coa feira mensual, está previsto na vila de Bande o concerto do artista Emilio Rúa e a partir das 22h. a festa gastronómica, onde destaca o porco ao espeto, con acompañamento musical.
Séguese mantendo aberto o espazo do Mercado Xurés, cada primeiro domingo de mes, onde se poden atopar produtos e artesanía de km. 0.
Para levar a cabo algunhas actividades cóntase coa colaboración da veciñanza e institucións como Xunta de Galicia e Deputación de Ourense, a través de diferentes programas: Ler conta Moito, FalaRedes ou REAOU
Campamento de verán e Campo de Voluntariado en Bande


Actividades para a Semana Santa
- Apertura centro de interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova: do 1 ao 9 de abril en horario de mañá e tarde.
- Programa Mercado Xurés día 2 de abril. Novidades: pulpeiro, embutidos e froitería. Agasallos para nen@s.
- Programa «Concilia Bande».