Ayuntamiento de Bande

Programa de Nadal 2025 no Concello de Bande

O Concello de Bande vén de anunciar o seu Programa de Nadal 2025, unha ampla proposta de actividades culturais, deportivas e familiares que se desenvolverán entre finais de novembro e o 5 de xaneiro.

A programación inclúe espectáculos como a actuación do mago Tetio, teatro, contacontos e o concerto de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro; accións solidarias como a XII Campaña de Recollida de Alimentos; eventos tradicionais como o acendido da iluminación, mercados do Xurés, obradoiros infantís e a videoconferencia con Papá Noel; así como actividades deportivas, entre elas o Campionato de Pádel.

Os días 2 e 3 de xaneiro celebrarase a Ruta de Pinchos, e o 5 de xaneiro a tradicional Cabalgata de Reis, con chocolatada e acompañamento musical, sempre condicionada á meteoroloxía.

Tamén haberá servizos especiais como a ludoteca gratuíta e actividades específicas para a mocidade, como Pazolandia e Kids Fest.

O Concello invita á veciñanza e visitantes a gozar dun Nadal cheo de cultura, convivencia e celebración.

Convite e nota de prensa: Inauguración da “Porta do Xurés” en Bande

O Concello de Bande ten o pracer de convidarvos ao acto de inauguración da “Porta do Xurés”, unha creación do artista Toño Monteiro, que terá lugar este venres, 7 de novembro de 2025, ás 11:00 horas, no Alto do Vieiro (Bande).

Adxuntamos a nota de prensa con detalles do proxecto e do evento.

Para máis información ou xestións de entrevista, podedes contactar directamente co artista:
📞 Toño Monteiro – 678 643 724

Agradecemos de antemán a vosa atención e difusión, e esperamos contar coa vosa presenza neste acto tan especial para Bande e para toda a comarca.

es_ES