Mes: noviembre 2023
Programa especial gastronómico Mercado Xurés – 26 de novembro
Este domingo, 26 de novembro, celebraremos un Mercado especial gastronómico no Mercado Xurés. De 12h. a 13h. poderás degustar gratuitamente os produtos da zona. Cada stand un sabor.
Ademais comprar nos diferentes stands ten dobre premio: por compras superiores a 10€=un agasallo (ata agotar existencias) e a maiores participas no sorteo presencial de 100€ (ás 13h).
O Mercado mantén o horario de apertura habitual: de 11h a 14.30h.
Bande dá pulo á creación de emprego no territorio e convértese na primeira sede en Galicia da consultora internacional Inmark.
Dende mediados de novembro, os baixos do Mercado Xurés acollen a primeira sede en Galicia da consultora internacional Inmark.
Após un rigoroso proceso de selección, dez mulleres veciñas da comarca da Baixa Limia e arredores comezaron a traballar para a empresa Inmark. Un traballo, con contrato indefinido a tempo parcial, que lles permite compatibilizar coa conciliación familiar, estudos ou calquera outra actividade profesional.
Inmark, a través de Taskphone, desenvolve campañas de márketing telefónico enfocadas á venda da oferta de produtos e servizos, a fidelización dos clientes e á atención das súas campañas de márketing.
Coma xa viña adiantando a alcaldesa nas semanas precedentes, este asentamento empresarial permitirá unha nova oportunidade para un local en desuso e ao mesmo tempo apoiar o empoderamento económico e social das mulleres que entraron a formar parte deste proxecto.
A creación de emprego e fixación de poboación son ferramentas vitais para deseñar o futuro dunha comarca azoutada polo envellecemento da poboación.
O concello mantén o seu compromiso coa creación de emprego a través do Plan Estratéxico de Subvencións que inclúe axudas durante un ano ás cotas da Seguridade Social de novos autónomos que residan no concello, o pago do 10% do custo do aluguer do local comercial ou o abono do 75% do importe do IBI, no caso de que o novo autónomo sexa o propietario do local.