Erro
Apertura Mercado Xurés Imprimir
Martes, 28 Marzo 2017

2017_03_logo_bandeO domingo, día 9 de abril, abrirá de novo as súas portas o “Mercado Xurés”. Situado na antiga praza de abastos, o “Mercado Xurés” naceu como punto de promoción e venda de produtos e servizos do territorio, pero tamén un complemento como punto de información dos recursos e actividades dos concellos que forman parte do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés.