Anuncio para a contratación de traballadores para brigadas de incendios forestais |
![]() |
Luns, 06 Febreiro 2017 |
ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES PARA DÚAS BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS E ACTUACIÓN DUN VEHÍCULO MOTOBOMBA. Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir distintos postos de traballo de persoal laboral temporal e creación dunha bolsa de traballo para o ano 2017, publícase o resumo da convocatoria para a xeral coñecemento e chamamento ao concurso. 1) Denominación dos postos: 1.1) Dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais ( por cada brigada: 1 xefe de brigada, 1 peón- condutor, 3 peóns de brigada). 1.2) Dous condutores de vehículo motobomba. 2) Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, coa duración que se especifique no mesmo. 3) Sistema de selección: concurso de méritos. 4) Prazo de presentación de solicitudes: dez días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. 5) Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres. 6) Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello de Bande en horario de oficina e na páxina web www.concellobande.com Bande 06 de febreiro de 2017. O alcalde
Asdo. José Antonio Armada Pérez |