Erro
O Concello de Bande organiza novos cursos de informática Imprimir
Xoves, 03 Outubro 2013

O Concello de Bande programou novos cursos de informática e novas tecnoloxías que se impartirán a partir do vindeiro martes, 8 de outubro, ata mediados de decembro.

Os participantes nesta actividade, que aprenderán a utilizar un ordenador persoal, navegar e comunicarse a través de internet, poderán escoller entre un nivel inicial ou avanzado.

A formación, que comeza o día 8 de outubro, impartirase tódolos martes pola mañá en horario a determinar en función dos grupos.