• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Rozas nas zonas delimitadas como faixas de protección dos núcleos de poboación do concello
 
Rozas nas zonas delimitadas como faixas de protección dos núcleos de poboación do concello PDF Imprimir Correo-e
Luns, 07 Maio 2007
O Decreto 105/2006 de prevención e defensa contra incendios forestais establece a obriga a tódolos propietarios de fincas e terreos existentes nunha franxa de 25m. de ancho arredor de calquera edificación, de mantelas limpas de maleza e coa masa arbórea rareada.
O Concello de Bande en colaboración coa Consellería de Medio Rural, no ano 2007, vai realizar gratuitamente a limpeza da franxa de 25m. arredor de calquera edificación; para elo é necesario que os propietarios autoricen ó concello, de tal xeito que, aquel propietario que non manifeste o contrario, entenderase que autoriza a súa limpeza gratuitamente.
En caso de non obter autorización será o propio dono dos terreos que teña que limpalos cargando cos gastos.