• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Bases para a creación dunha bolsa de emprego para Brigada de Incendios Forestais
 
Bases para a creación dunha bolsa de emprego para Brigada de Incendios Forestais PDF Imprimir Correo-e
Luns, 22 Xaneiro 2018

ANUNCIO

Bases que rexerán a formación dunha brigada de prevención de incendios forestais e condutores de vehículo motobomba.

A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o día 16 de xaneiro de 2018 aprobou as bases que rexerán a formación dunha brigada de prevención de incendios forestais e condutores de vehículo motobomba.

As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do concello de Bande www.concellobande.com, e entrarán en vigor ao día seguinte deste anuncio.

A Convocatoria para a presentación de solicitudes realizarase mediante anuncios no B.O.P., na páxina web do Concello de Bande www.concellodebande.com e no taboleiro de edictos do Concello de Bande.

Documento asinado dixitalmente a marxe

Descargar bases