• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Perfil do contratante Mellora de camiños municipais no Concello de Bande
 
Mellora de camiños municipais no Concello de Bande PDF Imprimir Correo-e

ADXUDICACIÓN DE CONTRATO DE OBRAS

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 20 de outubro de 2017 adxudicouse o contrato de obras de “mellora de camiños municipais no Concello de Bande”, de conformidade co establecido no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, publícase a adxudicación no perfil de contratante.

1) Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bande.

b) Número de expediente: 8/2017.

2) Obxecto de contrato.

a) Tipo de contrato: Obras.

b) Descrición: Mellora de camiños municipais no Concello de Bande.

3) Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: Ordinaria.

b) Procedemento: Procedemento negociado sen publicidade.

4) Prezo do contrato.

a) Prezo: 51.199,93€ (42.313,99€ e 8.885,94€ de I.V.E.).

5) Adxudicación.

a) Data: 20-10-2017.

b) Contratista: Coviastec, S.L.

c) Nacionalidade: Española.

b) Importe de adxudicación: 51.092,93€ (42.225,56€ e 8.867,37€ de I.V.E.).

d) Prazo de formalización do contrato: 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da recepción da notificación de adxudicación.

Bande, 24 de outubro de 2017.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez.