• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Perfil do contratante Anuncio licitación para contratación de varios seguros
 
Anuncio licitación para contratación de varios seguros PDF Imprimir Correo-e

ANUNCIO DE LICITACIÓN PARA CONTRATACIÓN VARIOS SEGUROS

Procedemento aberto para a contratación dos seguros do Concello de Bande de:

· Responsabilidade civil – patrimonial.

· Riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivados do uso dos vehículos a motor.

· Riscos patrimoniais de bens mobles e inmobles.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do seguro de responsabilidade civil - patrimonial, do seguro de riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade civil derivados do uso dos vehículos a motor, e do seguro de riscos patrimoniais de bens mobles e inmobles do Concello de Bande, cunha prima anual máxima de 10.800,00€ (impostos incluídos).

As proposicións presentaranse ata as 14:00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no B.O.P, no Rexistro do Concello de Bande ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web do Concello de Bande www.concellodebande.com. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente no 988 44 30 01 perante a Secretaría.

Sen prexuízo de calquera outros recursos que se estimen procedentes, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía do Concello de Bande, no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso – administrativo ante o Xulgado do contencioso administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos pazos desde o día seguinte o da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicacións (si non fosen simultáneas).

Bande a 28 de abril de 2017.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez

Descargar prego