• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Perfil do contratante Anuncio de licitación para a explotación do bar da piscina municipal
 
Anuncio de licitación para a explotación do bar da piscina municipal PDF Imprimir Correo-e

ANUNCIO DE LICITACIÓN PARA A EXPLOTACIÓN DO BAR DA PISCINA MUNICIPAL

Conforme ao acordado pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 12 de abril de 2017 por medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, como único criterio de adxudicación o prezo ofertado, para a adxudicación do contrato administrativo especial de explotación do bar da piscina municipal durante á tempada de apertura da mesma, conforme aos seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Bande.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

­ Dependencia: Concello de Bande.

­ Enderezo: R/ San Roque nº 2 – 2º

­ Enderezo da Internet do perfil do contratante do concello: www.concellobande.com

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: Explotación do bar das piscinas municipais.

c) Prazo: Dende a data de apertura das piscinas, ou desde a data de formalización do contrato se esta fose posterior, ata o peche das piscinas municipais.

3. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: Ata as 14 horas do 15º día hábil posterior á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

b) Lugar de presentación:

­ Dependencia: Rexistro xeral do Concello de Bande.

­ Enderezo: R/ San Roque nº 2 – 2º

­ Localidade e código postal: Bande, 32840.

4. Apertura de ofertas: Ás 10 horas dentro dos tres días hábiles seguintes ao remate de presentación de solicitudes.

Bande a 25 de abril de 2017.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez

Descarga prego