• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, PARA OS SERVIZOS DENOMINADOS “INFORMÁTICO DA AULA CeMIT”
 
ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, PARA OS SERVIZOS DENOMINADOS “INFORMÁTICO DA AULA CeMIT” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Abril 2017

ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, PARA OS SERVIZOS DENOMINADOS “INFORMÁTICO DA AULA CeMTI”.

Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir un posto de traballo de persoal laboral temporal, publícase o resumo da convocatoria para a xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1) Denominación dos postos:

1.1) Informático/a da Aula CeMIT.

2) Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo parcial, cunha duración aproximada de seis meses.

3) Sistema de selección: concurso de méritos.

4) Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

5) Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

6) Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello de Bande en horario de oficina e na páxina web www.concellobande.com

Bande 24 de marzo de 2017.

O alcalde

Asdo. José Antonio Armada Pérez

 

Descarga das Bases