• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Bases e convocatoria para contratación dun "Promotor do Patrimonio Municipal" e un "Técnico de Proxectos"
 
Bases e convocatoria para contratación dun "Promotor do Patrimonio Municipal" e un "Técnico de Proxectos" PDF Imprimir Correo-e
Luns, 27 Marzo 2017

ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, PARA OS SERVIZOS DENOMINADOS “PROMOTOR DO PATRIMONIO MUNICIPAL” E “TÉCNICO DE PROXECTOS”.

Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal, publícase o resumo da convocatoria para a xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1) Denominación dos postos:

1.1) Promotor do Patrimonio Municipal.

1.2) Técnico de proxectos.

2) Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, coa duración que se especifique no mesmo.

3) Sistema de selección: concurso de méritos.

4) Prazo de presentación de solicitudes: 8 días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

5) Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

6) Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello de Bande en horario de oficina e na páxina web www.concellobande.com

Bande 23 de marzo de 2017.

O alcalde

Asdo. José Antonio Armada Pérez

 

Bases convocatoria promotor Patrimonio Municipal

Bases convocatoria Técnico de Proxectos