• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Bases para a creación dunha bolsa de emprego
 
Bases para a creación dunha bolsa de emprego PDF Imprimir Correo-e
Luns, 06 Febreiro 2017

ANUNCIO PARA A CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO DE BANDE.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 13 de xaneiro de 2017 aprobáronse as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Bande e acordouse realizala convocatoria para a presentación de solicitudes.

Clase de persoal: Laboral temporal.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais seguintes ao da publicación do presente anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Prazas: Auxiliar/es de axuda no fogar e atención a persoas dependentes, Auxiliar/es administrativo/a para servizos de carácter xeral, limpador/a de instalacións municipais, monitor/a deportivo/a e peón/es de oficios varios para a área de servizos públicos básicos e brigada medio ambiental.

Os modelos de solicitude e demais información complementaria pódese consultar nas bases da bolsa de emprego publicadas na páxina web do Concello de Bande www.concellobande.com e no taboleiro de edictos municipal.

Bande 06 de febreiro de 2017.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez.

Descargar bases