• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Anuncio para a contratación de traballadores para brigadas de incendios forestais
 
Anuncio para a contratación de traballadores para brigadas de incendios forestais PDF Imprimir Correo-e
Luns, 06 Febreiro 2017

ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES PARA DÚAS BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS E ACTUACIÓN DUN VEHÍCULO MOTOBOMBA.

Unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir distintos postos de traballo de persoal laboral temporal e creación dunha bolsa de traballo para o ano 2017, publícase o resumo da convocatoria para a xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1) Denominación dos postos:

1.1) Dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais ( por cada brigada: 1 xefe de brigada, 1 peón- condutor, 3 peóns de brigada).

1.2) Dous condutores de vehículo motobomba.

2) Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo, coa duración que se especifique no mesmo.

3) Sistema de selección: concurso de méritos.

4) Prazo de presentación de solicitudes: dez días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

5) Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.

6) Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no Concello de Bande en horario de oficina e na páxina web www.concellobande.com

Bande 06 de febreiro de 2017.

O alcalde

Asdo. José Antonio Armada Pérez

Descarga das bases