• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Perfil do contratante Concesión administrativa dos postos do Mercado Xurés
 
Concesión administrativa dos postos do Mercado Xurés PDF Imprimir Correo-e

Descarga do documento en formato PDF.

PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES REGULADORES DA LICITACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO E TRAMITACIÓN ORDINARIA, DA CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DO USO PRIVATIVO DOS POSTOS 1 a 7 DO MERCADO XURÉS E DO ESPAZO GASTRONÓMICO E AREA INFORMETIVA.

I.- DISPOSICIÓNS XERAIS.

CLÁUSULA 1ª.- OBXECTO.

A licitación ten por obxecto a concesión do uso privativo dos postos DO MERCADO XURÉS E DO ESPAZO GASTRONÓMICO E ESPAZO INFORMATIVO que a continuación se describen, na forma e coas condicións que no presente prego se establecen.

POSTO CARACTERÍSTICAS

Nº Do 1 ao 5 Superficie aproximada de 9.75m2

Dotado de conexión eléctrica e auga e almacén

Equipamento: 1 mesa, 2 bancos, 2 estantes de parede

As actividades admisibles serán todas as relativas a comercialización de produtos envasados ou elaborados no Parque Natural da Baixa Limia Serra do Xurés e da Reserva da Biosfera da Baixa Limia

Nº 6 e 7 Superficie aproximada de9.75 m2

Dotado de conexión eléctrica e auga e almacén

Equipamento: 1 mesa, 2 bancos, 2 estantes de parede

As actividades admisibles de servizos turísticos no Parque natural da Baixa Limia Serra do Xurés e da Reserva da Biosfera da Baixa Limia

ESPAZO GASTRONÓMICO: Superficie aproximada 59.40m2

Dotado de conexión eléctrica e auga e cámara frigorífica de7m2

Cociña de 4.40m2 dotada de mobiliario, frigorífico e placa de indución e extractor.

Zona de degustación dotada de : 6 mesas e 12 bancos, mesado móbil e lavamáns

ESPAZO DE INFORMACION: Superficie aproximada de 9.75 m2 14,65m2

Dotada de 3 televisores e mapa do territorio

A concesión comprende a prestación do servizo nos postos obxecto de licitación. A concesión efectuarase individualmente para cada posto. En virtude da concesión, os adxudicatarios dos postos quedan obrigados a súa explotación.

A natureza da relación que vinculará ao Concello e ao adxudicatario, será a propia dunha concesión administrativa de uso privativo de dominio público e de acordo co seu réxime xurídico que se cita.

O exercicio dos dereitos concesionais non implican, en ningún caso, o outorgamento por parte deste Concello cedente, de dereitos ou facultades dominicais.

CLÁUSULA 2ª.- NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO.

2.1.- Esta concesión de carácter administrativo rexerase polas cláusulas contidas no presente prego, que reviste carácter contractual, de obrigado cumprimento para os licitadores e posteriormente para o adxudicatario.

2.2.- A normativa patrimonial aplicable para o outorgamento da concesión obxecto deste Prego atópase nas seguintes disposicións:

- Lei 33/2003, de 3 de novembro, de patrimonio das administracións públicas, que, de conformidade coa Disposición Final 2ª resulten de aplicación xeral e básicos.

- Lei 7/1985, do 2 abril, reguladora das bases do réxime local.

- Artigos 78 e seguintes do Regulamento de bens das entidades locais, aprobado polo Real Decreto1372/1986, do 13 de xuño.

- Lei 33/2003, de 3 de novembro, de patrimonio das administracións públicas. Resto de artigos da mesma que non sexan de aplicación xeral ou básicos, os cales poderán resultar de posible aplicación ás Entidades Locais, cun carácter supletorio en caso de existencia de lagoa xurídica.

- Principios extraídos do RD. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e a súas disposicións de desenvolvemento, para resolver dúbidas e lagoas que puideran presentarse.

Ademais terán carácter contractual os seguintes documentos:

- A proposta presentada polo licitador seleccionado.

- O documento no que se formalice a concesión.

En caso de discordancia entre o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares ( de agora en diante PCAP) e calquera outro documento contractual prevalecerá o PCAP.

CLÁUSULA 3ª.- ÓRGANO DE CONTRATACIÓN.

O órgano de contratación que actúa en nome da Corporación é a xunta de Goberno Local por delegación da alcaldía mediante decreto de data 13 de xullo do 2015.

O mencionado órgano ten a facultade de adxudicar o correspondente contrato.

A Xunta de Goberno Local, como órgano de contratación, ostenta as prerrogativas de interpretar o presente contrato, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalo por razón de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos desta, con suxeición á normativa aplicable. Os acordos que a este respecto dite serán executivos, sen prexuízo do dereito do contratista a súa impugnación ante a xurisdición competente.

CLÁUSULA 4ª.- CANON DA CONCESIÓN.

O presente contrato non orixina gastos para a Administración.

O canon anual obxecto de licitación a alza, que se satisfará trimestralmente, a abonar nos primeiros quince días do primeiro mes do trimestre natural, prorrateándose nos casos necesarios, será o seguinte:

POSTOS DO MERCADO XURÉS Nº Do 1 ao 7 : 120€ / anuais.

ESPAZO GASTRONÓMICO 300 € / anuais.

ESPAZO DE INFORMACIÓN: O adxudicatario do ESPAZO GASTRONOMICO, ten a obriga de atender tamén este espazo e de velar polo seu mantemento e atención.

Serán de conta de cada concesionario os gastos polo consumo de enerxía eléctrica e de auga correspondentes ao seu posto.

CLÁUSULA 5ª.- RISCO ECONÓMICO.

A explotación do posto será a risco e ventura do concesionario, sen que o Concello de Bande participe no seu financiamento nin avale ningún tipo de empréstito.

CLÁUSULA 6ª.- GARANTÍA PROVISIONAL E DEFINITIVA.

6.1.- Provisional:

Para tomar parte na adxudicación non é preciso constituír garantía provisional polos

licitadores.

6.2.- Definitiva:

A garantía definitiva será constituída polo adxudicatario en calquera das formas previstas no artigo 96 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no prazo dos quince días hábiles seguintes ao da data de recepción da notificación da adxudicación e fíxase en 120 euros para os postos do 1 ao 7, e en 300 euros para o espazo gastronómico. De non cumprirse este requisito por causas imputables ao adxudicatario, quedará resolto o contrato.

Esta garantía definitiva non será devolta ao contratista ata que se produza o vencemento do prazo da concesión e se cumpra satisfactoriamente o contrato ou se resolva este sin culpa do contratista.

CLÁUSULA 7ª.- PRAZO E DURACIÓN DA CONCESIÓN .

Nos postos do mercado do Nº 1 ao Nº 7 : o prazo de duración da concesión administrativa será de 5 anos que se contarán a partir do día da formalización escrita do documento concesional, admitíndose unha prórroga por un período de 5 anos máis, contados dende a data na que foron concedidas inicialmente.

As solicitudes de prórroga serán formuladas polos titulares cunha antelación mínima de tres meses á finalización do prazo de vixencia da concesión.

No ESPAZO GASTRONÓMICO será de 2 anos, prorrogables por outros cinco, en función do cumprimento do contrato e prestación do servizo.

A permanencia no uso privativo do dominio público, transcorrido o prazo da concesión, non conferirá dereito algún ao concesionario que ocupará o dominio público por mera tolerancia.

Ao extinguirse a concesión, independentemente da causa que a produza, o concesionario estará obrigado a entregar as instalacións ao concello dentro dos 15 días seguintes, no estado de conservación e funcionamento adecuados, acompañando unha relación de tódolos bens existentes que deban reverterá propiedade municipal.

CLÁUSULA 8ª.- PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN.

O contrato adxudicarase por PROCEDEMENTO ABERTO, de conformidade co disposto nos artigos 109 e seguintes,138 e seguintes, 150 e 157 a 161 do TRLCSP.

Os criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato aparecen reflectidos na cláusula 13ªdo prego por orde decrecente de importancia.

CLÁUSULA 9ª.- CONTRATISTA.-CAPACIDAD PARA CONTRATAR.

Poderán presentar proposicións, por si mesmas ou por medio de representantes, as persoas naturais e xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade de obrar, non estean incursas en prohibición de contratar, de conformidade co previsto nos artigos 60 e seguintes do TRLCSP.

CLÁUSULA 10ª.- PUBLICACIÓN DA LICITACIÓN.

O órgano de contratación disporá das correspondentes publicacións de anuncios no BOP.

II.- CLÁUSULAS DA LICITACIÓN.

CLÁUSULA 11ª.- OFERTAS DOS INTERESADOS.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Bande, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres dentro do prazo de 15 DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia.

Se o último día de prazo fora inhábil, este entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

A presentación poderá realizarse ben persoalmente ou ben mediante envío por mensaxería entregado dentro do prazo sinalado. Tamén poderá realizarse mediante envío por correo, nese caso o interesado deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío e comunicar no mesmo día ao órgano de contratación, por fax (988443430), telex ou telegrama, a remisión da proposición. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a proposición no caso de que fose recibida fora do prazo fixado no anuncio de licitación. Non obstante, transcorridos dez días naturais desde o remate do prazo, non será admitida ningunha proposición enviada por correo.

Os interesados poderán examinar o prego e documentación complementaria nas oficinas do Concello de Bande

A presentación das proposicións presume a aceptación incondicional polo empresario da totalidade do contido do presente prego, sen excepción algunha.

Cada licitador non poderá presentar mais que unha proposición, rexeitándose en caso contrario, todas as propostas subscritas por el.

As proposicións serán secretas e se arbitrarán os medios que garantan tal carácter ata o momento en que deba procederse a apertura en público das mesmas.

CLÁUSULA 12ª.- PRAZO E FORMA DE PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS

Prazo: Dentro das horas de oficina e ata as 14 horas do día sinalado para a entrega das ofertas.

Forma: As proposición serán secretas e a documentación para a licitación presentarase en tres sobres pechados:

· Sobre Nº1:denominado “Documentos administrativos” conterá a documentación identificativa do licitador.

· Sobre Nº2 : denominado “Memoria descritiva da actividade a desenvolver”

· Sobre Nº3 : que recollerá a “Proposición económica”.

Todos eles estarán identificados no seu exterior, con indicación da licitación (posto) á que concorran e asinados polo licitador ou persoa que o represente, indicando o nome e apelidos ou razón social da empresa. No seu interior farase constar nunha folla independente o seu contido, enunciado numericamente.

SOBRE Nº1.- Subtitulado DOCUMENTACION ADMINISTRATIVA no que se introducirán os seguintes documentos:

1. Documento ou documentos que acrediten a personalidade do empresario e a representación, no seu caso, do sinatario da proposición, na forma seguinte :

a. Documento nacional de identidade, cando se trate de empresarios individuais.As persoas físicas acreditarán a súa capacidade de obrar mediante copia autentificada ante notario ou compulsada polo Secretario do Concello do DNI.

b. Se fora persoa xurídica, mediante a presentación da escritura de constitución ou modificación, no seu caso, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fora esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fora, a acreditación da capacidade de obra realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, de modificación, estatutos ou acto fundacional, no que se fagan constar as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos no seu caso, no correspondente Rexistro oficial.

c. A capacidade de obrar dos empresarios non españois que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea acreditarase pola súa inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde estean establecidos, ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación.

d. Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión diplomática Permanente española indicando que o Estado de procedencia da empresa estranxeira admite a participación de empresas españolas na contratación coa Administración (informe de reciprocidade); así como informe da Misión Diplomática, de capacidade de obrar.

2. Cando o licitador actúe mediante representante, éste deberá aportar copia da escritura de poder suficiente para representar á persoa ou entidade a cuxo nome concorra o asinante da proposición,debidamente inscrito no Rexistro Mercantil ou, no seu caso, no correspondente Rexistro Oficial, así como copia do seu DNI debidamente compulsada ou legalizada.

SOBRE Nº2: denominado MEMORIA DESCRITIVA DA ACTIVIDADE A DESENVOLVER.

Conterá unha memoria de explotación na que o licitador presentará o seu proxecto de traballo para o desenvolvemento da actividade para a que licita.

SOBRE Nº3: denominado PROPOSICIÓN ECONÓMICA

Conterá a oferta económica segundo modelo que se achega no Anexo I do presente prego.

CLÁUSULA 13ª.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN.

Para a avaliación das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase a varios criterios obxectivos de adxudicación, directamente vinculados coa prestación obxecto do contrato:

1º.- Maior canon ofertado.................................................................ata 55 puntos.

2º.- Memoria descritiva das actividades a desenvolver..................ata 45 pntos.

1º.- Oferta económica, 55 puntos (Sobre 3)

A valoración da oferta económica efectuarase asignando a máxima puntuación á oferta máis alta. O resto das ofertas puntuaranse proporcionalmente con respecto á mesma, aplicando a seguinte regra :

P= (Canon da oferta a valorar x PM )/ Canon da oferta máis alta

P= Puntos da oferta a valorar.

PM=Puntuación máxima asignada á oferta económica en cada licitación.

2º.- Memoria descritiva da actividade a desenvolver, 45 puntos (Sobre 2).

Incorporarase unha memoria descritiva da actividade a desenvolver no posto da Praza de Abastos,acompañando os documentos necesarios que permitan a súa avaliación, e na que se sinalen, cando menos, os seguintes aspectos:

1.- Produtos ou servizos á venda ecolóxicos, artesáns, … ( Máximo 12 puntos )

2.- Servizos que se van a prestar como. ( Máximo 12 puntos )

3.- Actividades complementarias á venda de carácter gastronómico, cultural ou social, que serán postas en marcha coa aprobación do Concello. ( Máximo 10 puntos )

4.- A calidade e o deseño do material necesario para o desenvolvemento da actividade. (Máximo 6 puntos ).

5.- Persoal que vai a empregar no desenvolvemento da actividade. ( Máximo 5 puntos ).

No suposto de empate, terá preferencia os criterios anteriormente sinalados, o primeiro sobre o segundo.

CLÁUSULA 14ª.- MESA DE CONTRATACIÓN

O órgano de contratación estará asistido por unha Mesa de Contratación integrada polos seguintes compoñentes:

- O Presidente, que será o Sr. Alcalde-Presidente da Corporación.

- Vogais:o Secretario - Interventor e unha persoa designada polo órgano de contratación entre o persoal funcionario de carreira ou o persoal laboral ao servizo da Corporación.

- O Secretario/a : actuará como secretario un funcionario da Corporación.

As súas reunións poderán incorporarse os funcionarios ou asesores especializados que resulten necesarios, os cales actuarán con voz pero sen voto, consonte ao previsto no artigo 21.5 do Real Decreto 817/2009 que aproba o desenrolo parcial da Lei de Contratos do Sector Público.

CLÁUSULA 15ª.- EXAMEN DAS OFERTAS

O acto licitatorio desenvolverase, de conformidade co disposto nos artigos 81 a 84 do RXLCAP, nos termos seguintes:

Dentro dos dous días hábiles seguintes, a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de contratación para a cualificación, en acto privado,dos documentos presentados en tempo e forma no sobre número 1, formalizándose a acta correspondente. Se non existisen deficiencias que emendar, a apertura do sobre número 2, efectuarase o mesmo día en acto público, acordándose a súa remisión a informe técnico de avaliación.

Se a mesa de contratación observase defectos ou omisións emendables na documentación presentada, comunicarao verbalmente ou mediante fax aos interesados e concederase un prazo non superior a dous días hábiles para a corrección ou rectificación dos defectos ou omisións ante a mesa de contratación.

Posteriormente, unha vez efectuada a valoración das ofertas técnicas, realizarase, en sesión pública,pola Mesa a apertura das ofertas económicas (Sobre 3).

En todo caso, a data, lugar e hora das sesións públicas da mesa de contratación publicaranse no taboleiro de anuncios deste Concello con unha antelación mínima de dous días hábiles ao sinalado para a súa celebración.

No suposto de envío de documentación por correo que faga imposible a cualificación da documentación e a apertura de proposicións nas datas sinaladas, o secretario da mesa de contratación comunicará aos licitadores, á maior brevidade posible, as novas datas fixadas para tales actos.

III.- ADXUDICACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.

CLÁUSULA 16ª.- PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN.

A mesa de contratación, previa solicitude e análise, no seu caso, dos informes técnicos ou xurídicos, que estime pertinentes relacionados co obxecto do contrato, presentará as proposicións coa acta correspondente e a proposta que estime pertinente o órgano de contratación para a adxudicación do contrato.

A proposta de adxudicación feita pola mesa de contratación non crea dereito algún en favor do licitador proposto fronte a Administración. Porén, cando o órgano de contratación non adxudique o contrato de acordo coa proposta formulada pola mesa deberá motivar a súa decisión.

Non poderá declararse deserto o expediente cando exista algunha oferta admisible (artigo 151.3 do TRLCSP).

CLÁUSULA 17ª.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA A ADXUDICACIÓN.

Vista a proposta da mesa, o órgano de contratación requirirá ao licitador elixido, para que dentro dos dez días hábiles seguintes ao da recepción de dito requirimento aporte a documentación necesaria

O licitador que non estea obrigado a presentar todas ou algunha das declaracións ou documentos correspondentes ás obrigas tributarias que se relacionan acreditará tal circunstancia mediante declaración responsable.

De non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a solicitar a mesma documentación ao licitador seguinte,pola orde en que queden clasificadas as ofertas.

CLÁUSULA 18ª.- ADXUDICACIÓN

O órgano de contratación deberá adxudicar o contrato dentro dos 5 días hábiles seguintes á recepción da documentación á que se refire o artigo precedente.

Non poderá declararse deserta unha licitación cando exista algunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no presente prego.

CLÁUSULA 19ª.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO

O adxudicatario queda obrigado a subscribir, dentro do prazo de dez días hábiles a contar desde o seguinte á data de recepción da notificación de adxudicación na forma prevista no artigo 156 do TRLCSP, o documento administrativo de formalización do contrato, ao que se unirá un exemplar do prego de cláusulas administrativas particulares.

O Concello, asinado o contrato, porá o posto a disposición do concesionario.

IV.- EXECUCIÓN DO CONTRATO.

CLÁUSULA 20ª.- RESPONSABLE DO CONTRATO.

De conformidade co disposto no artigo 52 do TRLCSP, o Concello poderá nomear, de entre os seus funcionarios, un responsable do contrato, con funcións de supervisión da correcta execución da prestación. As instrucións ditadas en interpretación do contrato por dito responsable, serán vinculantes para o adxudicatario.

CLÁUSULA 21ª.-OBRIGAS DO CONCESIONARIO.

O concesionario quedará obrigado a cumprir có disposto no Regulamento do Mercado Municipal de Abastos do Concello de Bande.

Ademais deberán cumprir especificamente as seguintes :

1.- Considéranse prácticas prohibidas para as persoas que traballen no posto:

a) Fumar ou comer dentro do posto e non adoptar as medidas hixiénicas sobre os alimentos.

b) Manipular os alimentos sen estar en perfectas condicións de hixiene persoal.

2.- Os titulares e dependentes do posto deberán procurar, inescusablemente:

a) Que o posto se manteña nas adecuadas condicións de aseo, orde e limpeza, evitando a produción de cheiros, e o aspecto contrario á boa presentación dos mesmos, procedendo a recollida de residuos sólidos e sendo da súa conta os gastos orixinados por esta obriga.

b) Que as superficies de uso público, fronte ao posto que cada titular ocupe, se atopen en perfecto estado de limpeza.

c) Que as tarefas de limpeza e desinfección sexan utilizados por produtos autorizados, que se gardarán illados dos alimentos.

d) Que os desperdicios e desfeitos sexan introducidos en recipientes autorizados

3.- O titular do posto consentirá forzosamente a execución das obras de interese común ou necesarias nos seus locais para o funcionamento dos servizos que acorde o concello, sen dereito a reclamación ou indemnización algunha.

4.- A abandonar e deixar libre e vacuos, a disposición do Concello, dentro do prazo, os bens obxecto da concesión, recoñecendo a potestade desta para acordar e executar por si o lanzamento.

5.- O destino que se asigne ao posto de venda no acto de adxudicación non poderá ser alterado sen autorización previa. O incumprimento suporá a perda da concesión, previo o trámite legal, sen indemnización de ningún xénero.

CLÁUSULA 22ª.- OBRIGAS DO CONCELLO.

1.- Manter ao concesionario no goce pacífico da porción do dominio que ocupa.

2.- Prover os servizos de vixilancia, limpeza, conservación e mantemento das instalación de común utilización.

3.- Prestar o auxilio en caso de alteración da orde pública, así como prestar a protección debida ao concesionario para a perfecta prestación.

CLÁUSULA 23ª.- FACULTADES DO CONCESIONARIO.

1.- Todo titular adxudicatario ten dereito a utilizar os bens de dominio público municipais necesarios e que lle foron autorizados para realizar as súas actividades en debidas condicións.

2.- Percibir as contraprestacións correspondentes polo exercicio da actividade.

3.- O adxudicatario do posto de venda poderá ceder os dereitos que recaian sobre o mesmo previa autorización por parte do Concello, e de acordo co Regulamento do Mercado Municipal de Abastos.

CLÁUSULA 24ª.-POTESTADES DO CONCELLO.

Co fin de garantir o correcto funcionamento do servizo, o Concello de Bande poderá

exercer as seguintes potestades:

- Inspeccionar en todo momento os bens obxecto da concesión, así como as construcións e instalación da mesma.

- Deixar sen efecto a concesión antes do vencemento do prazo, se o xustificasen circunstancias sobrevidas de interese público mediante resarcimento dos danos que se causaren, ou sen el, cando non procederan.

- As demais previstas no presente prego e cantas outras lle autorice a lexislación vixente.

CLÁUSULA 25ª.- EXTINCIÓN DA CONCESIÓN.

As concesións extinguiranse ou revogaranse se o concesionario incumpre as obrigas descritas na cláusula 21 ou se abandona a actividade,

CLÁUSULA 26ª.- REVERSIÓN.

Ao termo do prazo da concesión, reverterán á Corporación as instalacións obxecto da concesión.

Cando finalice o prazo do contrato, os bens obxecto da concesión reverterán á Administración, debendo o adxudicatario entregar as obras e instalacións á que estea obrigado con arranxo ao contrato e no estado de conservación e funcionamento adecuados.

Durante o período de tempo anterior á reversión, que será de tres meses, o órgano competente da Administración adoptará as disposicións encamiñadas a que a entrega dos bens se verifique nas condicións convidas.

CLÁUSULA 27ª.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

O Concello poderá impor penalidades polos incumprimentos do contratista que se especifican na cláusula 21

CLÁUSULA 28ª: PRAZO DE GARANTÍA

Establécese un prazo de garantía de UN MES, a contar desde a data de recepción ou conformidade. Se durante o prazo de garantía se acreditasen a existencia de vicios ou defectos na prestación da concesión de servizo público, ou danos a terceiros ou a propia Administración Municipal imputables á execución do contrato, o órgano de contratación terá dereito a reclamar ao contratista a corrección dos mesmos se fose suficiente.

Rematado o prazo de garantía sen que a Administración Municipal formalizase algún dos reparos ou denuncias aos que se refire o parágrafo anterior, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón da prestación efectuada.

O contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre as observacións que se formulen en relación co incumprimento da prestación contratada.

CLÁUSULA 29ª.- RESCATE.

O Concello de Bande terá a facultade de deixar sen efecto a concesión antes do seu vencemento, seo xustificasen circunstancias sobrevidas de interese público, mediante resarcimento dos danos cando proceda.

ANEXO I

Don/a............, con domicilio en ........, NIF nº ............., no nome propio (ou na representación de........), informado/a do expediente e condicións PARA A ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO E TRAMITACIÓN ORDINARIA, DA CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DO USO PRIVATIVO DOS POSTOS 1 a 7 DO MERCADO XURÉS E DO ESPAZO GASTRONÓMICO E AREA INFORMATIVA DO CONCELLO DE BANDE-, OFERTA O SEGUINTE CANON ANUAL:…€

Lugar data e sinatura.

Conforme,

Bande, 23 de xaneiro de 2017.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez.