• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Perfil do contratante Anuncio de licitación procedemento aberto para a adxudicación de concesión administrativa do uso privativo de postos do mercado “Xurés” e do espazo gastronómico e área informativa
 
Anuncio de licitación procedemento aberto para a adxudicación de concesión administrativa do uso privativo de postos do mercado “Xurés” e do espazo gastronómico e área informativa PDF Imprimir Correo-e

ANUNCIO DE LICITACIÓN PROCEDEMENTO ABERTO PARA A ADXUDICACIÓN DE CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DO USO PRIVATIVO DE POSTOS DO MERCADO “XURÉS” E DO ESPAZO GASTRONÓMICO E ÁREA INFORMATIVA.

No perfil de contratante publícase íntegro o prego de cláusulas administrativas particulares reguladoras da licitación.

As proposicións poderán presentarse ata as 14 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación no anuncio de licitación no B.O.P, no rexistro do Concello de Bande ou por correo.

A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XV do prego de condicións.

A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións aos que poderá acceder gratuitamente a través do perfil do contratante na páxina web do Concello de Bande www.concellodebande.com. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 44 30 01 perante a secretaría.

Sen prexuízo de calquera outros recursos que se estimen procedentes, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso – administrativo ante o xulgado do contencioso – administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos prazos desde o día seguinte o da publicación dos anuncios de licitación ou, de se-lo caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Bande a 18 de xaneiro de 2017.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez