• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Perfil do contratante Anuncio de licitación por explotación do Bar da Piscina Municipal
 
Anuncio de licitación por explotación do Bar da Piscina Municipal PDF Imprimir Correo-e

ANUNCIO DE LICITACIÓN POR EXPLOTACIÓN DO BAR DA PISCINA

Conforme ao acordado pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 31 de maio de 2016 por medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, como único criterio de adxudicación o prezo ofertado, para a adxudicación do contrato administrativo especial de explotación do bar da piscina municipal, conforme aos seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Bande.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

­ Dependencia: Concello de Bande.

­ Enderezo: R/ San Roque nº 2 – 2º

­ Localidade e código postal: Bande, 32840

­ Teléfono: 988 44 30 01

­ Fax: 988 44 34 30.

­ Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

­ Enderezo da Internet do perfil do contratante do concello: www.concellobande.com

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: Explotación do bar das piscinas municipais.

c) Prazo de execución/entrega: Dende a formalización do contrato ata o peche das piscinas municipais.

3. Tramitación do procedemento:

a) Tramitación: Urxente.

b) Procedemento: Aberto.

c) Tipo de licitación: 105 € máis IVE (á alza).

d) Criterios de adxudicación: Maior prezo ofertado.

4. Garantías esixidas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva (%): 5% da adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: Non se require.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Acreditarase polos medios previstos no prego de cláusulas.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: Ata as 14 horas do 8º día natural posterior á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

b) Lugar de presentación:

­ Dependencia: Rexistro xeral do Concello de Bande.

­ Enderezo: R/ San Roque nº 2 – 2º

­ Localidade e código postal: Bande, 32840.

7. Apertura de ofertas: Ás 10 horas dentro dos 5 días hábiles seguintes ao remate de presentación de solicitudes.

Bande a 31 de maio de 2016.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez