• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Perfil do contratante Adxudicación de contrato de subministración para o centro de día
 
Adxudicación de contrato de subministración para o centro de día PDF Imprimir Correo-e

ANUNCIO NO PERFIL DO CONTRATANTE

ADXUDICACIÓN DE CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 24 de outubro de 2014 aprobouse a adxudicación do contrato de subministración para “Instalación de caldeira de biomasa no Centro de día”, de conformidade e co establecido no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, publícase a adxudicación no perfil de contratante.

1) Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bande.

b) Número de expediente: 4/2014.

2) Obxecto de contrato.

a) Tipo de contrato: Subministración.

b) Descrición: “Instalación de caldeira de biomasa no centro de día”.

3) Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: Urxente.

b) Procedemento: Procedemento negociado sen publicidade.

4) Prezo do contrato.

a) Prezo: 28.529,68€ (23.578,25€ e 4.951,43 de I.V.E.).

5) Adxudicación.

a) Data: 24-10-2014.

b) Contratista: “Ferretería y Servicios Bande, S.L.”

c) Nacionalidade: Española.

b) Importe de adxudicación: 28.227,18€ (23.328,25€ e 4.898,93 de I.V.E.).

d) Prazo de formalización do contrato: 7 días hábiles contados desde o seguinte ó da recepción da notificación de adxudicación.

Bande, 27 de outubro de 2014.

O Alcalde

Asdo.: José Antonio Armada Pérez.