• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Acreditacion de competencias profesionais
 
Acreditacion de competencias profesionais PDF Imprimir Correo-e
Venres, 31 Xaneiro 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da orde do 14 de xaneiro de 2014 convoca o proceso de ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais.

As categorías ás que se pode optar son as seguintes:

·     Xestión administrativa.

·     Construción, proxectos de edificación, proxectos de obra civil.

·     Instalacións eléctricas e automáticas, instalacións de comunicacións.

·     Cociña e gastronomía, servizos de restauración.

·     Panadaría, repostaría e confeitaría.

·     Xestión de aloxamentos turísticos.

·     Peiteado e cosmética capilar.

·     Mecanizado, soldadura e caldeiraría.

·     Instalacións frigoríficas e de climatización, instalación de produción de calor.

·  Carpintaría e moble, instalación de amoblamento.

·  Laboratorio de análise e de control de calidade.

·  Emerxencias sanitarias.

·  Farmacia e Parafarmacia.

·  Educación Infantil

·  Carrozaría, electromecánica de vehículos automóbiles.

·  Preimpresión dixital, sistemas microinformáticos e redes.

Para mais información poden acudir ao concello de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas ou chamando ao teléfono 988443001; a data de finalización da dita solicitude será o 21 de febreiro de 2014.