• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Regulamento I carreira “Vía Romana”
 
Regulamento I carreira “Vía Romana” PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Decembro 2013

 

I CARREIRA POPULAR VÍA NOVA ``CONCELLO DE BANDE´´.

Data: Sábado, 4 de Xaneiro de 2014.
Hora: a partires das 15:30. Proba absoluta ás 17:00 h.
Lugar: Praza da Constitución.
Distancia: desde 100m hasta 7.5 km
Organiza: Concello de Bande coa colaboración da Deputación de Ourense.
Inscrición: Límite 400 inscritos. E aboarase 5 Euros na proba absoluta para propietarios de Championchip y 6 Euros para no propietarios en Championchip
http://championchipnorte.com
.
Web: 
http://www.concellobande.com

 

 

REGULAMENTO 

1.- XERAL:
         O Concello de Bande (Ourense) organiza a I Carreira Popular Vía Nova “Concello de Bande”, coa colaboración da Deputación de Ourense, esta terá lugar o próximo día 4 de Xaneiro de 2014, con saía e meta na Praza da Constitución.

 

Participación: Poderán participar atletas federados e non federados.

 


 

 

2.- TEMPORALIZACIÓN
         Data: Sábado, 4 de Xaneiro de 2014.
         Lugar: Praza da Constitución.
         Horario e distancias:

15:00 à Recollida de dorsais. (para a categoría de escolares ata 1/2 hora antes da súa saída e 1hora antes para os da carreira absoluta).

16:00 à Categorías escolares

16:00 à Alevíns: 1.000m. (1 Volta o Circuíto A)

16:10 à Infantís: 2.000m. (2 Voltas o Circuíto A)

16:30 à Cadetes: 2.000m. (3 Voltas o Circuíto A)

17:45 à Benxamíns (300m)

17:50 à Prebenxamíns (100m) 

17:00 à Carreira absoluta: 7.5Km aprox. (3 voltas o circuito B)

19:00 aprox. à Entrega de premios.

 


3.- CATEGORÍAS:

Estableceranse as seguintes categorías:

Categoría escolar

PREBENXAMIN: 2008 y anteriores à 100 m

BENXAMIN: 2005/2006/2007 à 300 m

ALEVÍN: Nados en 2003 e 2004 à 1.000m

INFANTIL: Nados en 2001 e 2002 à 2.000m

CADETE: Nados en 1999 e 2000 à 2.000m

 

Categoría absoluta: 7.5km aprox.

JUNIOR atletas nacidos/as entre 1995 y 1998.

ABSOLUTA atletas nacidos/as entre 1994 y 1974.

VETERANOS A. Masculinos M-40

VETERANOS B Masculinos M-50

VETERANOS C. Masculinos M-60 e post.

VETERANAS A. Femininos W–40

VETERANAS B. Femininos W–50 e post.

 


4.- PERCORRIDO 

 

· Circuíto A. Saída: Rúa Maestro Taibo, Rúa Faustino Santalices, Rúa campo da Feria, Rúa da Fonte. Meta: Rúa Maestro Taibo.

 

          

 

 

· Circuíto B. Saída: Rúa Maestro Taibo, Rúa San Roque, Rúa Alferez Provisional, ……….., Campo do cuartel, ……, ……., ….., Rúa Badella,  Rúa Faustino Santalices, Rúa Grupo Escolar,  Carretera Acceso Martiñán, Rúa da Fonte. Meta: Rúa Maestro Taibo.

 

                

 

5.- INSCRICIÓNS :
        

 Categoría escolar: Desde prebenxamín ata Cadete, no concello de Bande, o mesmo día da proba ou mediante o formulario habilitado na paxina de ChamiponChip Norte  http://championchipnorte.com/ (recomendable) e no correo electrónico da organización: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando o nome, apelidos, data de nacemento, clube (se ten), localidade, provincia e telefono de contacto. A inscrición destas categoría será gratuíta.
        

Carreira absoluta: na páxina ChamiponChip Norte http://championchipnorte.com/, que se encargará das inscricións, dorsais, chips e resultados da categoría Absoluta. O coste da inscrición será de 5 euros + 1€ de aluguer de chip para o que non teña chip amárelo Championchip.

 

Non se admitirán inscrición fora das datas previstas para elo.
        

A INSCRIPCIÓNS DA CARREIRA ABSOLUTA CERRARASE O MERCORES 1 AS 23:59 OU CANDO SE CHEGUEN OS 400 INSCRITOS.

 


6.- PREMIOS:
         - Trofeo para @s tres primeir@s clasificad@s de todas as categorías establecidas.

- Premios en material deportivo para os 3 primeiros clasificados da proba absoluta tanto masculina como feminina: 150 Euros – 100 Euros – 60 Euros.

- Premio o 1º e 1ª clasificada do Concello de Bande (ten que estar empadroado/a no Concello.

- Premio o atleta máis veterano que participe na proba.

- Premio o equipo con máis participación na categoría absoluta (o inscribirse terán que especificar o club, contabilizaranse só os que cheguen a meta).

- En categoría prebenxamín y benxamín abra medallas para todos os participantes ou ata os 200 primeiros clasificados entre as dúas carreiras.

OS ATLETAS QUE OBTEÑAN ALGÚN PREMIO DEBERÁN ACREDITARSE CO D.N.I. OU O PASAPORTE.

 

7.- AGASALLOS
          - 400 camisetas para os 400 primeiros inscritos da proba (para isto e obrigatorio inscribirse pola web de champion chip ou o correo da organización), avituallamento para todos os participantes e regalos para os máis pequenos (MEDALLAS, etc).


8.- SERVIZOS

· Entrega de dorsais e chips.

· Puntos kilométricos señalizados.

· Avituallamento de meta.

· Servizos sanitarios.

· Vestiarios e duchas.

· Aparcamentos.

· Clasificacións publicadas o instante.

· Entrega de premios.

 

Bolsa do corredor.

Camisetas técnicas (400 primeiros inscritos).

Fruta, auga, cocacola…..

Darase un chocolate quente o remate das probas. 

 

*Solicitamos a colaboración de todos, para que estacionen en dichos parkings, mellorando a organización, evitándose o posible estacionamento no interior da proba.

 

*Todos estes servizos, están predispostos para o uso e comodidade dos participantes e acompañantes có fin de utilizar os vehículos particulares o menos posible.


NORMATIVA: 
        

A) A saída e a chegada darase na PRAZA DA CONSTITUCIÓN.
B ) A clasificación será absoluta.
C) Os participantes deberán colocarse na liña de saída dez minutos antes de que se de esta.
D) Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. O incumprimento desta norma suporá a eliminación do atleta acompañado.
E) O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
F) A Organización contará coa axuda dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido. É unha obriga obedecer ás indicacións de ditos organismos.
G) Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe ofrecido pola organización.
H) TODOS OS CORREDORES DEBERAN ENTREGAR O CHIP Ó FINALIZAR A PROBA.
I) A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.
J) A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
K) Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

Organiza: Concello de Bande.

Colabora: Deputación de Ourense e Cocacola.