• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Vive o Nadal en Bande
 
Vive o Nadal en Bande PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 11 Decembro 2013

VIVE O NADAL EN BANDE

 

Ponencia: “asumir retos. superar límites. Potenciar o talento”

Aprende a “asumir retos, superar límites e potenciar o teu talento”. Ven á ponencia que Manuel Rivero impartirá o día 13 de decembro ás 12:00h. no salón de actos do concello .

 

OBRADOIROS DE NADAL

Actividade dirixida aos máis pequenos. Do 23 de decembro ao 3 de xaneiro de 10:00h. a 13:30h. na biblioteca.

EXPOSICIÓN DE POSTAIS DESEÑADAS POLOS NEN@S DO CEIP XOAQUÍN LOURENZO

Visita á exposición do día 24 de decembro ao 10 de xaneiro na planta baixa da casa do concello. Sorprenderaste!!

 

OLIMPIADAS DE INTERIOR

Divírtete nesta maratón de xogos. Día 26 de decembro a partir das 17:00h. no pavillón de deportes. Para menores de 15 anos.

 

IV CONCURSO DE BELÉNS

Se elaboraches un Belén… artesanal? orixinal? artístico? Este é o teu concurso!! Recollida de inscricións e información na biblioteca ou nas oficinas do concello. Prazo de inscrición ata o día 27 de decembro.

 

VISITA O PARQUE DE ATRACCIÓNS “PAZOLANDIA”

O día 27 de decembro acompáñanos a Pazolandia. Para iso só terás que anotarte na biblioteca ou nas oficinas do concello antes do 20 de decembro. Cota de inscrición 2€/persoa. Límite de prazas. Só menores de 12 anos.

 

II TORNEO FÚTBOL-8 DO NADAL

As futuras promesas provinciais póñense en xogo! Día 28 e 29 de decembro no campo de fútbol do “Outeiro”.

 

FESTA TEMÁTICA DE NADAL

Recolle a túa invitación na biblioteca!! Día 3 de xaneiro ás 17:30h. no salón de actos do concello.

 

I Carreira “vía romana”

Día 4 de xaneiro. Saída da Praza da Constitución ás 16:00h. (pequenos), ás 17:00h. (senior). Máis información no pavillón de deportes ou no teléfono 690 920 133.

 

RECEPCIÓN DAS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE

O día 5 de xaneiro a partir das 17:30h. no salón de actos do concello. A continuación chocolatada.

 

“O Concello de Bande deséxalles Felices Festas”