• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Conmemoración do dia internacional contra a violencia de xénero
 
Conmemoración do dia internacional contra a violencia de xénero PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Novembro 2013

Con motivo da celebración o 25 de Novembro do  DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” o CEIP Xoaquín Lourenzo en colaboración co Concello de Bande a través da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia desenvolverá un Taller, dirixido ás alumnas e alumnos do Terceiro Ciclo de Educación Primaria, que terá como obxectivo o Fomento da Igualdade e  Prevención da Violencia contra a Muller.

O taller terá lugar os vindeiros Xoves 21 e Venres 22 de Novembro de 10:00 a 12:00 nas Instalacións do CEIP Xoaquín Lourenzo.