A escola de gaitas inicia este sábado o novo curso en Bande |
|
|
|
Xoves, 03 Outubro 2013 |
O Concello de Bande pon en marcha o novo curso da Escola de Gaitas en colaboración coa Escola Provincial de Gaitas de Ourense, dependente da Deputación Provincial. Aparte do ensino de gaita e percusión (a partir de 6 anos), vanse impartir clases de canto e pandeireta (a partir de 4 anos).
O acto de presentación vai ter lugar este sábado día 5 de outubro ás 12:00h. no salón de actos do concello. Durante o acto de presentación Marco Foxo interpretará unha peza, composta por el, que leva por título “Bals de Bande”, unha achega ao patrimonio cultural deste concello.
Cristina Pumar Rico e Marco Foxo serán os profesores ao fronte deste novo curso. As clases serán gratuítas, os sábados, a partir do día 5 de outubro, na casa do concello en horario de 12:00h. a 13:30h.
|