• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Exposición fotográfica na biblioteca
 
Exposición fotográfica na biblioteca PDF Imprimir Correo-e
Luns, 06 Maio 2013

O Concello de Bande acollerá ata o día 31 de maio a exposición do “I Concurso de Fotografía do Bosque Máxico”, organizado no ano 2012. A biblioteca municipal banduense albergará esta colección composta por un total de 23 imaxes inspiradas no territorio das comarcas de Baixa Limia e Terras de Celanova, que resultaron premiadas entre as 543 instantáneas presentadas ao concurso por máis de 150 autores.

O concurso e a posterior exposición itinerante que recorrerá ambas comarcas está organizado por O Bosque Máxico e conta coa colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural “Asociación GDR-16 O Vieiro-Leboreiro”.