• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Centro de atención cidadá Novas Os nen@s do Ceip aprenden Educación vial xogando
 
Os nen@s do Ceip aprenden Educación vial xogando PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Abril 2013

O Concello de Bande en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico pon en marcha unha xornada de educación vial para os nen@s  do Ceip Xoaquin Lourenzo e para os pais e poboacion  en xeral que practica actividades deportivas ao aire libre. Os obxectivos desta xornada son entre outros, ofrecer mecanismos de prevención así como información aos pais, formadores e aos nen@s principalmente para a súa posta en marcha nestas idades máis temperáns.

Tamén promovida dende o pavillón de deportes, e nesta mesma xornada, levarase a cabo unha olimpiada deportiva na que participarán nenos e educadores e coa que se pretende incentivar a práctica do deporte e a alimentación sana nos nenos dende curtas idades.

A dita xornada terá lugar o vindeiro venres 3  de maio, cunha primeira charla dirixida aos pais e á poboación que practica deporte empregando a rede viaria, que se celebrará no salón de actos do Ceip e a continuación nen@s, pais e formadores levaran a cabo as boas prácticas nun circuíto preparado para  eles no patio do Ceip.

A continuación desenvolveránse as actividades deportivas coas que se rematará a xornada e que contarán entre outras cunha gincana e un partido de fútbol.

A actividade estará dirixida por Dosinda Aguiar, coordinadora de educación vial da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense.

As actividades deportivas estarán dirixidas por Jorge Alvarez, o monitor deportivo do Concello de Bande.