• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Coñece Bande Historia, arte e monumentos
 
Historia, arte e monumentos

Estas terras foron habitadas desde tempo inmemorial, sendo berce de moitas civilizacións que nos deixaron pegadas da súa presencia. Mostra desto é a abundancia de restos arqueolóxicos que conservamos, dos que destacamos numerosos dolmens e os castros de Lebosandaus, Sarreaus e Rubiás, onde se encontrou a “cabeza do guerreiro galaico” que actualmente está exposta no Museo Arqueolóxico de Ourense.

 

Aquis quevquennisO Concello, integrado na antiga rexión romana de Lusitania, que a finais do século III pasou a ser “Provincia Gallaeciae”- situábase a medio  camiño da antiga Vía XVIII de Antonio ou Vía Nova (por ser unha das construccións máis recentes da Gallaeciae de fines do s. I d.C) que unía Braga con Astorga (centros importantes desde o punto de vista socioeconómico dentro do noroeste peninsular). Esta calzada, que remontaba a marxe dereita do Limia e despois atravesábao por Ponte Pedriña, foi cuberta polas augas do encoro de As Conchas en 1949. Situado ó lado desta vía encontramos o conxunto arqueolóxico de Aquis Querquennis composto por un campamento militar, unha mansión viaria e aguas termais.O campamento romano dunha cohorte de la lexión sétima xémina foi un dos epicentros militares dende os que se activou a construcción desta ruta. Ata a data, van escavados e consolidados, total o parcialmente, uns 200m. de muralla, coas súas torres sucesivas e alternantes, así como dúas importantes entradas, a porta principalis sinistra e a porta decumana, aparte dun pequeno sector del foso; tres barracóns da tropa, coas súas contubernia, para os oitenta soldados de cada centuria, a morada dos mandos respectivos e o correspondente patio ou impluvium dotado de cisterna no seu punto medio; o hospital, coas súas múltiples dependencias ordenadas en torno a un patio central, e dous horrea. Nos últimos tempos exhumouse o edificio medular do campamento, tratase dos principia ou cuartel xeral.
Da mansión viaria, ou o que é o mesmo, unha pequena hospedaxe ou posta de descanso para os viaxeiros que recorrían a vía, escavouse o que parece un edificio hostaleiro co seu gran patio cuberto, posuíndo un forno panificador nunha das esquinas; o sector destinado aos apousentos e á cociña e o patio cercado exterior provisto do correspondente pozo para abeberar as bestas de carga.
Unhas xenerosas augas termais, con multitude de mananciais, que xa na época romana deron nome a esta mansión, brotan impetuosas en medio dos restos dun establecemento termal ou balneario xa explotado desde o mundo romano. Estes mananciais de auga quente son utilizados polos veciños de poboacións próximas, os cales lle atribúen propiedades indicadas para o reumatismo e enfermidades da pel.

 

A finais do século VII os visigodos deixáronnos a igrexa de Santa Comba, a igrexa máis antiga de Galiza e o primeiro edificio da provincia de Ourense declarado monumento nacional no ano 1921. Atopase na aldea de Santa Comba na estrada N-540 de Ourense a Portugal a 10km de Bande e a 1km de Porto Quintela. Asentada sobre un antigo mosteiro, a súa fundación data do século VII aínda que sufriu varias reformas ó longo dos séculos, a máis importante no s. IX. No seu interior garda un antigo sepulcro de mármore, onde Santa Combase conta que estivo o corpo de San Torcuato, un dos primeiros discípulos do Apóstolo Santiago, antes de ser trasladado ó mosteiro de Celanova. Edificio composto por catro bóvedas de canón peraltadas que se cruzan e en medio unha bóveda de aristas, todas elas en ladrillo recordando ó mundo romano. Destaca a ábsida á cabeceira pola súa forma: plano ó exterior e non semicircular, a ela accedese a través dun arco de ferradura visigodo sostido por dúas parellas de columnas con capiteis de estilos diferentes. A ábsida conserva pinturas da segunda metade do século XVI, restauradas no ano 2003, nas que se representan varias escenas relixiosas e presidindo a igrexa, a estatua barroca en madeira policromada de S. Torcuato ou S. Trocado. No interior da igrexa consérvanse un gran número de vestixios romanos.

 

Do século XVIII data a igrexa parroquial de San Pedro de Bande, en estilo barroco. O seu exterior é de robusta e núa arquitectura, ofrecendo unha gran sobriedade, o que lle dá un aire de fortaleza e que se ve reforzada coa construcción da casa rectoral. Servindo de verde pórtico á igrexa e á casa rectoral atópanse os carballos, os cales, segundo a tradición popular, indican o tempo de sementar as patacas (carballo do medio), o millo (carballo norte) e as fabas (carballo sur).  

Outros monumentos de interese que se poden encontrar son la igrexa parroquial de San Pedro de Bande do século XVIII, numerosas ermidas e construccións coma fornos, muíños de auga, petos de ánimas e cruceiros están presentes en todo o Concello formando a nosa arquitectura popular.

MuiñoIgrexa de San Pedro de BandePeto de animas de Pontecados