• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Departamentos OMIX
 
OMIX
OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) PDF Imprimir Correo-e

Horario de atención ó público: de luns a venres de 10:00 a 13:00 da mañá e de 15:00 a 18:00 da tarde (horario de inverno).
Teléfono: 988 44 30 20
E-mail de contacto:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   
Localización: Praza da Constitución s/n -  CP 32840- Bande
Responsable: Laura Genma Escudero Lamela                   
Páxina web da Rede de Información Xuvenil  e de Xuventude: http://www.rix.org - http://www.xuventude.org

¿Que é?
A Oficina Municipal de Información Xuvenil é a  encargada de organizar, xestionar e promover os programas destinados á poboación xuvenil do municipio, fundamentalmente á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e 35 anos, aínda que tamén presta os seus servizos a persoas non incluídas nesta franxa de idade.

¿Cales son os seus obxectivos?
- Garantir que tódolos xoves do concello teñan acceso a unha información ampla, obxectiva e actualizada, axeitada e orientada as súas necesidades.
- Favorecer, mediante a información, a participación da nosa xuventude nas actividades socio-culturais, didácticas e de tempo libre ofertadas como alternativa o aburrimento e o pasotismo.
- Potencia-la información mediante o uso de Internet e as novas tecnoloxías.
- Apoiar as propostas e iniciativas que xurdan da xuventude do municipio en calquera ámbito: culturais, de lecer, empresariais e cooperativas.

¿Que servizos ofrece?
? Información, difusión e descentralización da información xuvenil de carácter xeral: convocatorias, cursos, premios e concursos, voluntariado, oferta de emprego, estudos, vivenda, etc.
? Orientación e asesoramento: laboral, profesional, académico.
? Consulta de documentación especializada e préstamos.
? Programación e xestión de actividades (conferencias, etc.).
? Tramitación do Carné Xove.
EXPEDICIÓN DO CARNÉ XOVE EURO<30:

A Oficina Municipal de Información Xuvenil expide o Carné Xove<30.
Gracias a este carné poderás acceder a moitos servicios, cultura, transportes, aloxamentos, actividades, etc., a un prezo máis axustado ó teu peto, durante dous anos en España e en moitos países europeos.

¿Que necesitas?  Ter entre 12 e 30 anos (ámbolos dous inclusive), presentar o D.N.I. e pagar 6 euros.

¿Onde o podes utilizar?  En Galicia naqueles establecementos e servizos que figuran na Guía do Carné Xove Euro <30, guía que se entrega gratis co carné, e no resto das Comunidades Autónomas, Ceuta e Melilla, así como na maioría dos países europeos.

¿Qué servizos ofrece?  Polo feito de facer o carné tés un seguro de asistencia en viaxes. Poderás participar en tódolos sorteos que se fagan desde a Dirección Xeral de Xuventude. Unha páxina web na que terás acceso a guía de servizos, ofertas puntuais dos establecementos e toda a información dos programas e actividades da Dirección Xeral de Xuventude.Terás moitas vantaxes nunha multitude de servizos.

E como novidade no Concello de Bande tés descontos na Piscina Municipal de Bande e no Pavillón de Deportes.