• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Concello Saúda do alcalde
 
Saúda do alcalde

Benqueridos/as amigos/as:

 É para min un orgullo o poder dirixirme a vós como representante desta hospitalaria e fermosa terra de Bande e da súa boa xente.
Unha terra que a bo seguro permanece nalgún recuncho da memoria de quen a coñeceu e no corazón de quen nela naceu.

Un terra con memoria e tradición, que cada día tratamos que non se perda, recuperando o que un día nos foi común, e tratando de crea-las condicións para que algún día os que tiveron que deixala poidan volver.

A nosa intención é dar a coñecer unha terra que foi habitada dende tempos inmemoriais e que na que cada pobo que pasou deixou o seu selo de identidade.

Pero non soamente somos historia e pasado, queremos ser futuro e para elo mirámolo con esperanza, coa elaboración de proxectos e a súa posta en marcha, traballando a diario para crecer e chegar a ser un referente en toda a comarca.
No nome da Corporación e a vila que represento quero testemuñárllelo meu máis cordial saúdo.

O Alcalde: José Antonio Armada Pérez