• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Departamentos AEDL Charlas, Cursos e Comunicados ...
 
Charlas, Cursos e Comunicados ... PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 19 Maio 2011

Ano 2011

Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2011:

-       Deseñador Web Multimedia e Técnico en software Informático.

-       Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio.

-       Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.

-       Axente de Desenvolvemento Turístico.

Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se convoca o proceso de Acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da Experiencia Laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria/ (DOG nº 60, do 25 de marzo de 2011).

Resolución do 17 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia da área de atención sociosanitaria do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (Consellería de Traballo e Benestar/ DOG nº 61, do 28 de marzo de 2011)

Ano 2010

Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ó exercicio de 2010:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Axente de desenvolvemento turístico.

 Ano 2009

? Charla sobre a instalación da Planta modular de biomasa, onde se concretarán aspectos económicos xa para as persoas interesadas en asociarse. (Día 13 de marzo de 2009 as 18.00 horas da tarde no Salón de Actos do Concello de Bande).

                                    foto_1

? Reunión para chegar ó acordo de sinatura da acta de constitución cos que desexen ser socios fundadores da sociedade limitada que porá en marcha  a Planta modular de biomasa (podendo asistir tanto particulares como comuneiros). Día 14 de abril de 2009 ás 20.00 horas da tarde no Salón de Actos do Concello de Bande. 

                                   foto

? ABERTO O PRAZO A POSIBLES SOCIOS FUNDADORES DA PLANTA DE BIOMASA: Tras a gran aceptación dos asistentes á reunión do día 14 de abril de 2009, queda aberto o prazo para as persoas que desexen ser socios fundadores da sociedade para a instalación da Planta Modular de Biomasa que non puideron asistir a citada reunión, ata o vindeiro día 24 de abril de 2009.

? ?Xornadas sobre razas autóctonas?, o día 9 de maio (sábado) de 2009, en horario de 10.00 a 14.00 horas no salón de actos do Concello de Bande. Estas xornadas acóllense no Concello de Bande co apoio do INORDE e no Centro agrogandeiro de Xinzo da Limia.

? O Concello de Bande dispón do Plan de Formación-2009 da Fundación Gómez Franqueira- COREN. Os interesados en asistir ós cursos que oferta deberán apuntarse con anterioridade nas oficinas do Concello de Bande. Expedirase certificado de asistencia polo organismo competente.

 Ano 2008 

? Charla do Banco de Terras no Salón de Actos do Concello de Bande (07.08.08).

? Charla Sobre biomasa: implantación dunha planta modular de BIOMASA, no Salón de Actos do Concello de Bande (28.08.08).

? Actividades formativas sobre Seguridade viaria e seguridade no traballo para conductores de maquinaria agrícola e forestal , Salón de Actos do Concello de Bande. (Realizado).

? Curso de Manipulador de productos fitosanitarios (Pendente de realización).

? Charla para concretar o camiño a seguir para a instalación da planta de biomasa, estudio de viabilidade da zona, socios, inversións, financiamento...(Día 8 de outubro de 2008 ás 20:00 horas no salón de actos do Concello  de Bande).

                                 foto_1                                         foto_2

?Curso de apicultura no Concello de Bande, serán tres xornadas teóricas e unha xornada práctica, cada xornada terá unha duración de 3 horas. ( 24 outubro as 19.30 horas, 25 outubro as 10.00 horas e 31 outubro as 19.30 horas. TEMARIO: BIOLOXÍA DAS ABELLAS, DOENZAS DAS ABELLAS, ALIMENTOS DA COLMEA, PRÁCTICAS NUN COLMEAR).

                                 apicultura_1                              apicultura_2

?As Xornadas de economía social e cooperativismo-2008, cambiánse para o día 1 de decembro por motivos de axenda de un dos ponentes, realizaranse as 16.00h en xornada única no salón de actos do Concello de Bande, ós asistentes emitiráselle un Diploma de asistencia.

                                 foto_1                                        foto_2                            foto_3