• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Departamentos Servizos sociais Servizos Sociais de Atención Primaria
 
Servizos Sociais de Atención Primaria PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 04 Setembro 2008

SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA

Os servizos sociais de atención primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ó conxunto da poboación dun ámbito xeográfico determinado, e que ten por obxecto promover e posibilitar o desenrolo do benestar social de tódolos cidadáns.
Configuran o nivel básico de actuación, que actúa de maneira directa e integral sobre un espacio poboacional e territorial reducido, constituíndo a ?porta de entrada? o sistema.
Ofrecen un servizo se Información público, para toda a poboación desde donde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre ós servizos sociais , recursos e prestacións a disposición dos cidadáns, así como os dereitos  que teñen tanto a nivel individual como en grupo.
Nelas valóranse as necesidades expostas, orientados os recursos mais idóneos en cada caso, intervindo profesionalmente cando as persoas así o demandan co fin de garantir un atención persoal e social de calidade.

? PROGRAMAS BÁSICOS DOS SS SS DE ATENCIÓN PRIMARIA?

Os programas básicos de actuación que se levan a cabo  en atención primaria e que veñen a recoller as prestacións básicas do Plan Concertado según o  Decreto 240/1995 de 28 de xullo, polo que se regulan os Servizos Sociais de Atención Primaria son:

- Programa de Orientación, Asesoramento e Información:

Teñen por obxecto informar ós cidadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar a persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, si é necesario, os servizos sociais de atención especializada.

Programa de Axuda no Fogar:
Normativa:
Orden do 22 de xullo de1996, que desenvolve o programa de axuda no fogar regulado no Decreto 240/1995 de 28 de xullo de Atención Primaria (DOG nº 28 de 03/02/2008) e ordenanzas reguladoras municipais.
Obxeto:
O servizo de axuda no fogar está dirixido á toda a poboación pero ten como prioridade aqueles/as cidadáns  que presenten disfuncións ou discapacidades que limiten a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, que teñan dificultades para procurar o seu benestar físico, social ou psicolóxico, prestándolles unha serie de atencións e coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico e proporcionándolles a posibilidade de continuar no seu entorno natural mentres  esto sexa posible e conveniente.

Programa de inserción social:
Obxeto:
Prevención das situacións de marxinación e das súas causas, integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social.
-  Programa de Animación, Cooperación e Prevención Social:
Obxeto:
Facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas con tendencia a que sexa a propia comunidade a que asuma as problemáticas e busque canles de solución: fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.
- Programa de convivencia alternativa:
Obxetivo:
Oferta dun aloxamento provisional a aquelas persoas en situacións de emerxencia social persoal ou familiar cando non sexa posible a permanencia no propio fogar ou este non exista.


?CARTERA DE SERVIZOS ? AREAS DE INFORMACIÓN?.

 Recursos e información para maiores:
- Pensión Non Contributiva de Xubilación
- Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda de aluger
- Fondo de Asistencia Social ? ancianidade
- Cheque Asistencial
- Acollemento familiar para a terceira idade
- Termalismo social (IMSERSO)
- Turismo Social
- Estadías temporais en residencias públicas (respiro familiar)
- Apoio Social para familias con maiores dependentes (respiro familiar)
- Coñece o teu pais
- Turismo Social para emigrantes
- Xuntos polo Nadal
- Programa de vacacións para persoas maiores do IMSERSO
- Servizo Galego de Apoio á Movilidade Persoal
- Tarxeta Dorada de RENFE
- Abono Social de Telefónica

Recursos e Información para Persoas con discapacidad
- Pensión Non Contributiva de Invalidez
- Complemento de Terceira Persoa
- Complemento para titulares de PNC que residan nunha vivenda de aluguer
- Prestacións derivadas da LISMI
- Axudas Individuais non Periódicas para persoas con minusvalía
- Recoñecemento do grao de minusvalidez
- Programa de Acollemento Familiar de persoas con minusvalía
- Programa de Apoio Social para persoas con demencias
- Estadías temporais
- Termalismo social IMSERSO
- Programa de ocio e tempo libre (campamentos de verán)
- Programa de xóvenes tecnoloxías ?Te acompaño?
- Servizo Galego de Apoio a Movilidade  Persoal
- Tarxeta de estacionamento
- Axudas individuais para facilitar o acceso a sociedade da información  das persoas con discapacidade.
- Prestacións Familiares por Fillo a Cargo da Seguridade Social

Recursos e información para  las familias, infancia y juventud
- Programa de educación familiar
- Renda activa de inserción
- Prestacións Sanitarias do SERGAS
- Axudas periódicas de prevención e apoio as familias para a integración do menor
- Título de Familia Numerosa
- Estadías nas residencias de tempo libre
- Puntos de Atención á Infancia
- IRPF: Abono mensual anticipado da deducción por maternidade para traballadoras con fillos menores de 3 anos.
- Pago de 2.500? por nacemento ou adopción de fillos
- Prestación económica de pago único por fillo menor a cargo
- Becas do Ministerio de Educación (convocatorias, solicitudes)
- Prestación familiar por Fillo a Cargo da Seguridade Social
- Axudas para alumnos con necesidades educativas especiais.
- Adopción
- Acollemento familiar
- Apoio as familias monoparentais
- Medidas de Medio Aberto
- Atención directa a menores: Teléfono do neno Servizo de atención o menor.

Recursos e información para : Emigración y Retorno
- Axudas para gastos extraordinarios de emigrantes.
- Axudas destinadas a atender situacións de extraordinaria necesidade dos españois retornados
- Pensión Asistencias por ancianidade a favor de emigrantes españois retornados
- Axudas extraordinarias á emigrantes galegos retornados
- Para emigrantes no extranxeiro: Axudas individuais de carácter extraordinarios a emigrantes galegos/descendentes residentes en Iberoamérica
- .Para traballadores retornados;
? Subsidio por desemprego para traballadores retornados
? Axudas para facilitar a integración laboral de retornados
? Renta Activa de Inserción

 Inclusión Social
- Renta Integración Social de Galicia (RISGA)
- Emerxencia Social
- Axudas Individual para tratamento de drogodependentes en Comunidades Terapeúticas.

Para acceder a calquera destes servizos pódese facer a través do teléfono 988 443 560 ou persoalmente no Concello de Bande ? Departamento de Servizos Sociais : R/ San Roque nº 2 ? 2º  - Bande
Horario de atención o público de 9 a 14:30 horas de luns a venres.