• Galician (Galego)
  • Español (spanish formal Internacional)
 
   Inicio Coñece Bande Parroquias
 
Parroquias

Bande localízase nun val rodeado de montañas que alcanzan entre os 800 e os 1.140 metros de altitude. Ao Norte e Noroeste encóntranse elevacións como as do monte Fonte Santa con 1.086 metros, ou o monte Castro con 906 metros; ao Oeste encóntrase o monte Congostro de 911 metros, e ao Suroeste o monte Penamaior con 922 metros sobre o nivel do mar.

O Concello de Bande exténdese sobre unha superficie de 99,4 km2 e un censo de 2285 habitantes (1050 homes e 1235 mulleres) cunha densidade de poboación de 23,1 habitantes por km² repartidos entre doce parroquias. Picando enriba de cada parroquia acudirás a unha descrición máis detallada de cada unha delas.

 
Parroquias

Na seguinte táboa especifícanse os datos demográficos e de extensión de cada parroquia, segundo datos do Instituto Galego de Estatística (IGE)


Parroquia Superficie Habitantes
Bande 20,54 Km² 1109
Os Baños 6,99 Km² 123
Cadós 7,07 Km² 100
Calvos 9,72 Km² 141
Carpazás 4,96 Km² 93
Corvelle 14,68 Km² 176
Garabelos 2,5 Km² 44
Güin 3,87 Km² 71
Nigueiroá 2,4 Km² 74
O Ribeiro > 14 Km² 115
Santa Comba 6,53 Km² 189
Vilar 5,65 Km² 50

 

BandePanorámica de bande

Esta parroquia está formada polos pobos de Bande, Buxán, Lueda, Martiñán, Recarei, Sarreaus, Seoane, Sordos e Vilameá.

Caracterízase por ser o núcleo urbano do Concello e onde se desenvolven a meirande parte das tarefas administrativas.

O seu patrón é San Pedro.

 

Os BañosIgrexa de Baños

Esta parroquia está formada polos pobos de Os Baños, Lebosandaus, Maus e Vilela.

O seu patrón é San Xoán.

 

 

 

 

 

 

CadósCasa de Cadós

Esta parroquia está formada polos pobos de Cadós, Cima de Vila, a Granxa, Pazos, Ponte Cadós, Pumares, Rubiás e Souto.

O seu patrón é Santiago.

 

 

 

 

 

 

CalvosPanorámica de Calvos

Esta parroquia está formada polos pobos de Aldea de Arriba, A Igrexa, Ribas e Vilameá.

O seu patrón é Santiago.

 

 

 

CarpazásPanorámica de Carpazás

Esta parroquia está formada polos pobos de Carpazás e Trarigo.

O seu patrón é San Pedro.

 

 

 

CorvellePanorámica de Corvelle

Esta parroquia está formada polos pobos de Corvelle e Pereira.

A súa patroa é Santa María.

 

 

GarabelosCruceiro de Garabelos

Esta parroquia está formada polo pobo de Garabelos.

O seu patrón é San Xoán.

 

 

 

 

 

 

GüinPonte de Guin

Esta parroquia está formada polos pobos de Güin e Ponte Liñares.

O seu patrón é Santiago.

 

 

 

NigueiroáPanorámica de Nigueiroa

Esta parroquia está formada polos pobos de Outeiro, Quintá e O Viñal.

O seu patrón é Santiago.

 

 

 

O RibeiroCanastro de Ribeiro

Esta parroquia está formada polos pobos de Barrio, As Campinas, Fervenza, Quintela e San Fiz.

O seu patrón é San Pedro Fiz.

 

 

 

 

 

Santa CombaIgrexa de Santa Comba

Esta parroquia está formada polos pobos de As Forcadas, Mexide, O Pazo, Porto Quintela, Quintela e Santa Comba.

O seu patrón é San Trocado.

 

 

 

VilarEscudo de Vilar

Esta parroquia está formada polo pobo de Vilar.

O seu patrón é San Pedro Fiz.